ACTIVIDADES

Setembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

INSTITUCIÓN

Para AGACA, cada cooperativa conta e ten algo importante que dicir. A nosa razón de ser é canalizar todas as propostas das cooperativas asociadas nos foros correspondentes, de xeito que se sintan ben representadas e defendidas.

Exercemos a nosa actividade a nivel autonómico, estatal e internacional, en todos os contextos onde se dirimen os interese do cooperativismo agroalimentario. Fomentamos o diálogo e a intercooperación entre os sectores, a todos os niveis.

POSICIONAMENTO E DEMANDAS ANTE ORGANISMOS DE CARÁCTER PÚBLICO:

Propostas de Cooperativas Agro-alimentarias de España

Propostas de Cooperativas Agro-alimentarias de España aos partidos políticos de cara ás eleccións xerais 

2015

Documento coas peticións que Cooperativas Agro-alimentarias de España remite aos principais partidos políticos en relación coa mellora das condicións sociais, administrativas e comerciais das cooperativas agroalimentarias.

Dende AGACA xunto con estas propostas, queremos sumar:

— A necesidade dunha maior interlocución coas cooperativas, como entidades representativas da sociedade civil.

— Necesidade dun esforzo por conseguir estruturación e organización de sectores estratéxicos, coma o lácteo.

Ver documento

AGACA no Parlamento Galego - 2006

Postura de AGACA no Parlamento ao respecto do Estatuto de Autonomía

2006

Intervención dos representantes de AGACA no Parlamento de Galicia para solicitar a inclusión de diversos matices no texto do Estatuto de Autonomía, referentes a aspectos de dereitos e deberes cidadáns e valores sociais. Tamén unha solicitude para que no documento se mencione, de xeito expreso, ao movemento cooperativo.

Ver documento

IDENTIDADE CORPORATIVA
Para descargar o logotipo de AGACA, prema na imaxe que desexe:

— JPG alta resolución (240 Kb):
Logotipo descargable AGACA JPG

— PDF vectorizado (15 Kb):
Icono logo agaca vector