ACTIVIDADES

Novembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

ORGANIZACIÓN

Somos a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA; a organización representativa do cooperativismo agroalimentario da Comunidade Autónoma de Galicia, no sentido máis amplo do termo: representamos ás cooperativas comprometidos coas súas particularidades empresariais e sociais, pero tamén cos cooperativistas, tanto na dimensión humana como na profesional.

MISIÓN

A nosa misión é representar e liderar as estratexias e as accións que leven ao cooperativismo agroalimentario galego a destacar en todos os niveis económicos e sociais, así como promover a competitividade das cooperativas agrarias apoiándoas co asesoramento preciso prestado a través dos recursos humanos e materiais dispoñibles.

VISIÓN

Propoñémonos conseguir un modelo de cooperativismo dimensionado e moito máis competitivo, que defenda eficazmente as rendas dos agricultores e dos gandeiros e gandeiras galegas nun mercado globalizado, a través da concentración da oferta de produtos agroalimentarios e da integración cooperativa.

POR QUÉ UNIRSEa iria

Unha das principais vantaxes de pertencer a un colectivo como AGACA é que desaparece a sensación de illamiento na actividade empresarial cooperativa, ademais de contar cun asesoramiento permanente.

En AGACA logras capacidade de acción, de influencia, de decisión… deixas de ser un suxeito pasivo. As cooperativas somos, ante todo, sinónimo de esforzo colectivo e de unión, de metas comúns e obxectivos compartidos.

Unha asociación de cooperativas é, polo tanto, unha forma de dar dimensión a eses esforzos, tanto das cooperativas como das persoas que as integran, dotándoas dun maior impulso e visibilidade, tanto comercial como institucional. Unha maneira de optimizar coñecementos e recursos, minimizando obstáculos e maximizando as oportunidades de crecemento.

Asociarse é a única forma de conseguir unha integración efectiva de cara a frear posibles abusos e imposicións e potenciar a capacidade negociadora das cooperativas

Como entidade asociada, disporás de asesoramento estratéxico personalizado en todo tipo de cuestións: seguros, pegada de carbono, calidade alimentaria e de procesos, aforro enerxético, igualdade etc.; poderás acceder a unha ampla oferta formativa; servirémosche de canle de difusión das túas accións empresariais; guiarémoste nas estratexias de comercialización nacionais e internacionais máis viables e recibirás as nosas publicacións informativas: ordes de axudas, informes socioeconómicos, sectoriais e de mercados exteriores, boletíns electrónicos con novas de I+D+i, catálogos, a revista Cooperación Galega etc., entre outros moitos servizos.

AGACA acompáñate, en todo momento, no teu proxecto cooperativo agroalimentario