Foi constituida no ano 1988 como unha entidade sen ánimo de lucro e de carácter non gobernamental.
Créase por iniciativa de once cooperativas agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia que deciden unir esforzos coa finalidade de crear unha organización onde converxan os intereses e necesidades das múltiples cooperativas agrícolas e gandeiras.
Así nace AGACA. Coa finalidade de representar, defender, fomentar e promover o cooperativismo e cunha misión social de apoio e cooperación; como un instrumento ao servizo das cooperativas asociadas dende o que se intentan aproveitar todas as sinerxías e se constitúen foros de debate en aras dunha busca permanente de puntos en común.
|
|
(c) 2007, AGACA - Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia :: Aviso legal