Queda constituída Nós, as Mulleres, Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias

Agaca
Por Agaca Xullo 4, 2019 14:06

Queda constituída Nós, as Mulleres, Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias

  • Esta mañá en Santiago celebrouse a Asemblea constituínte da Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias, Nós, as Mulleres.
  • Representa a mulleres procedentes de cooperativas vinculadas á Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA)
  • O acto celébrase no marco dun Obradoiro organizado AGACA e a Rede Eusumo.

20190407_Constitucion_nos-as-mulleresA Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias – Nós, as Mulleres, busca ser a punta de lanza para o desenvolvemento efectivo e integral da muller e das súas capacidades de participación así como dar visibilidade á muller profesional en todos os ámbitos. Agrupará a mulleres vinculadas ás cooperativas socias de AGACA.

Os seus estatutos, que foron aprobados durante a asemblea constituínte, inclúen unha ampla liña de fins e obxectivos para favorecer non só a consecución e o fomento dos principios de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, aumentando a presenza de mulleres en postos de responsabilidade e toma de decisións, senón tamén cumprir fitos en todos os ámbitos, dende a promoción do emprego de novas tecnoloxías nas cooperativas ata a  prevención da violencia de xénero.

Principalmente, as persoas que poden asociarse á Asociación son mulleres en cargos nos órganos de decisión de cooperativas vinculadas a AGACA (ou socias, se non hai mulleres no consello reitor) e empregadas nas cooperativas. Existen, porén, as figuras de entidades colaboradoras, persoas socias honorarias e persoas protectoras, con características especiais.

Durante a asemblea constituínte, na que se asinou a Acta de Constitución da Asociación, atopábanse presentes mulleres procedentes de 18 cooperativas.

Higinio Mougán, director-xerente de AGACA expresou que “o compromiso de AGACA é que as cousas cambien paulatinamente co apoio de AGACA”. Nese sentido, indicou: “A primeira estatística que fixo Ruth Rodríguez, a nosa axente de  Igualdade de Xénero, di que están no consello reitor só un 12% das mulleres en 2009, pero na última xa saíu un 22% en 2017. Ao que queremos chegar é á realidade de representación, que é o que ten sentido”.

José Montes, presidente de AGACA, afirmou que “para concienciar no sentido de igualdade debemos concienciar tamén aos homes. Temos que obrigar a que se creen oportunidades”.

Próximas Actividades

Posto que o Obradoiro busca promover a fórmula cooperativa como base da mellora e formar a mulleres cooperativistas en actividades produtivas mediante exemplos de éxito, o 11 de xullo visitaranse algunhas cooperativas.

Remata o 18 de xullo en Compostela, con relatorios sobre emprendemento, igualdade e asociacionismo, a cargo de representantes da Xunta de Galicia e de AGACA.

Rede Eusumo

Este Obradoiro de“Apoderamento de mulleres socias de cooperativas” é unha  actividade que se enmarca na programación da Rede Eusumo.A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade So

20190618_logos-REDE-EUSUMO 04/07/2019

Agaca
Por Agaca Xullo 4, 2019 14:06
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*