Profesionais do sector analizaron a situación do lácteo galego en Santiago

Agaca
Por Agaca Xullo 3, 2019 14:55

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Onte foi a xornada “Desenvolvemento do cooperativismo leiteiro galego: Paquete Lácteo”, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) en Santiago de Compostela.

20190702_XORNADA-LEITE-MA-Dubois-Jose-Montes_Marcos-Barreiro-WBA xornada ” Desenvolvemento do cooperativismo leiteiro galego: Paquete Lácteo” reuniu onte a preto de medio centenar de profesionais do sector leiteiro. Os principais eixos temáticos da xornada xiraron en torno á PAC, ao Paquete lácteo, ás Organizacións de Produtores, as Interprofesionais e a Mesa do Leite e ao uso dos antibióticos.

O primeiro relatorio, de Higinio Mougán,director-xerente de AGACA, destacou que se prevé que a nova PAC dará importancia aos obxectivos de desenvolvemento sustentable relacionados cos plans nacionais integrados de enerxía e clima e de control de contaminación atmosférica, relacionados entre outras cousas, con emprego de xurros e fertilizantes e redución de emisións de gases.

En canto ao marco normativo do paquete lácteo, que detallaron Jorge Piñeiro, Juan José Cerviño e Pablo Fernández (respectivamente subdirector xeral e funcionarios do FOGGA), fíxose especial fincapé nas condicións que establece o Real Decreto 95/2019 sobre os contratos lácteos e as relacións entre produtores, cooperativas e organizacións de produtores.

Concha Gafo, do servizo xeral de leite e derivados lácteos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, achegou datos sobre a situación do sector lácteo: España suma o 4% do censo de gando vacún europeo e Galicia o 40% do español. Galicia produce o 38% do leite nacional, aínda que dende o fin das cotas lácteas se reduciu nun 17% o número de gandeiros. Segundo os datos, concluíu: “Podemos afirmar que non hai deslocalización na produción, que era un medo que había coa desaparición das cotas lácteas”. Destacou tamén que o Ministerio “se compromete a regular o papel dos primeiros compradores lácteos” e que realiza “un traballo moi exhaustivo coas Comunidades Autónomas e co sector para establecer as necesidades da PAC”.

En canto á proxectos da Consellería do Medio Rural, Marcos Barreiro, xefe de servizo de Análises e informes, destacou que “entre as cuestións que preocupan á Mesa do Leite atópanse a substitución xeracional, a reorientación produtiva e a xeración na cadea de valor ou a promoción dos produtos lácteos”, e Miguel Ángel Pérez, director xeral de Desenvolvemento rural, centrouse na mobilidade da terra: “Se non podemos ter unha agricultura sustentable porque a estrutura da propiedade non soporta explotacións rendibles, a xente abandona o campo”; un mecanismo para solucionalo, afirmou, é a concentración parcelaria. Galicia suma a menor superficie de parcela por propietario, con 1,7 hectáreas de media, seguida por Canarias con 2,4 hectáreas.

Finalmente, Victorio Collado, técnico de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España, centrouse no programa de prescrición e uso razoable de antibióticos en vacún de leite.

Agaca
Por Agaca Xullo 3, 2019 14:55
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*