Primeiro obradoiro de Igualde en Campodeza con AGACA e Rede Eusumo

Agaca
Por Agaca Setembro 5, 2017 15:10

ACTIVIDADES

Xuño 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Mañá comeza na Cooperativa Campodeza (Lalín) un obradoiro de dous días para promover a igualdade de xénero nas cooperativas.
  • Un grupo de persoas socias da cooperativa Campodeza participará na formación que organiza AGACA no marco da Rede Eusumo.
  • O obxectivo é mostrar os beneficios da consecución da igualdade de xénero nas cooperativas e contribuír ao empoderamento das persoas socias.

campodeza

A cooperativa Campodeza (Gresande, Lalín) acollerá entre mañá e o xoves o primeiro dos obradoiros sobre “Igualdade de xénero nas cooperativas” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) dentro da Rede Eusumo para a promoción da economía social  e o emprendemento.

Durante a primeira xornada  definirase a igualde de xénero e en que medida afecta á actividade cotiá da cooperativa, contribuíndo a tomar conciencia de como un entorno igualitario implica beneficios para que a entidade logre os seus obxectivos sociais e de negocio.

O xoves estará dedicado ao empoderamento, afondando en xeitos de identificar e mellorar as propias capacidades de liderado, así como a determinar que particularidades definen a un líder estudando líderes mundiais como exemplo.

Rede Eusumo

Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Ver programa completo en PDF

05/09/2017

Agaca
Por Agaca Setembro 5, 2017 15:10
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*