Primeira reunión do Plan de Fortalecemento do sector lácteo: medidas urxentes e propostas das cooperativas

Agaca
Por Agaca Marzo 4, 2016 14:34

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Primeira reunión do Plan de Fortalecemento do sector lácteo:  medidas urxentes e propostas das cooperativas

  •  O 8 de febreiro, no marco do Consello Agrario Galego, activouse a posta en marcha do  Plan de Fortalecemento do sector lácteo, celebrándose a primeira reunión no día de onte, mércores, 2 de febreiro.

    Na reunión participaron os axentes involucrados na cadea de valor (industria, distribución, cooperativas, organizacións profesionais agrarias), tamén o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e o Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol), así como a Universidade e o ámbito científico, xunto coa administración.

    A reunión facilitou a elaboración dunha serie de propostas en defensa do sector que o Goberno autonómico trasladará ao goberno Central na vindeira reunión prevista para o 11 de marzo, co fin de que este poida defendelas tres días despois, ante o Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea.

    Propostas acordadas na reunión:

    • Suba do prezo e do volume de intervención, tanto de leite en po como de manteiga.
    • Control e regularización dos mercados para evitar as vendas a perdas.
    • Máxima transparencia nos elos da cadea de valor.
    • Fomento do consumo dos produtos lácteos no mercado interior da UE, identificando a súa orixe.
    • Enviar mensaxes de contención da produción.
    • Publicación e traslado do Decreto de cesión de prezos a nivel nacional ao resto de Europa.
    • Manter unha periodicidade mensual nas reunións desta mesa de traballo.

    Postura defendida polas cooperativas

    • Acordo Lácteo: é necesario forzar o cumprimento do Acordo Lácteo. Achegará transparencia a medio prazo e saberase quen o incumpre.
    • Control no mercado lácteo: debemos promover, en España, a posta en marcha dun mercado lácteo máis controlado; activar sistemas de regulación do mercado co fin de evitar que unha parte do sector regule a totalidade.

    Non ten sentido que as cooperativas primeiro compradoras regulen a totalidade do sector, pero, dende o Ministerio, algúns aínda defenden esta vía, a través da creación das OP. Isto sería efectivo se todos os gandeiros estiveran integrados nas mesmas.

    • Socialización de perdas: hai que “socializar as perdas”, buscando un mecanismo de reparto máis xusto da volatilidade do mercado (se sobra leite, que sobre todo por igual, e non só o das cooperativas e primeiros compradores) e coordinando a autoregulación dos excedentes. O 20%-30% da recollida non pode regular o 100% do leite que se produce. Neste momento, máis do 15% do leite das cooperativas vai a prezo de leite en po. Pero as cooperativas socializan o problema entre os socios. Non é soportable ter uns prezos a 18 céntimos e outros, a 32.
    • Plan de Industrialización do leite ligando produción e transformación: necesitamos un Plan dado o enorme déficit de valorización e transformación do leite producido en Galicia, por industria localizada en Galicia. Véxase o último dato das Declaracións.
    • Axustar o nivel de produción. Labor pedagóxico: temos un problema de exceso de volume de produción. Hai que promover unha mensaxe conxunta de axuste (a nivel estatal) da produción á capacidade de comercialización/consumo e —de ser necesario—, dispoñer a detención do incremento da produción a nivel de España. Hai que facer pedagoxía dende a sectorial do Ministerio e tamén, dende a Inlac.
    • Leite en po: hai que promover a vixilancia e o control do leite que vai a prezo de leite en po, para que realmente ese sexa o seu destino e non se desvíe cara a outros produtos ou derivados lácteos.
    • Plan Axuda Humanitaria: valorar a posta en marcha dun Plan de Axuda Humanitaria e retirar leite do mercado.

     

     

     

 

 

Agaca
Por Agaca Marzo 4, 2016 14:34
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*