Preséntase mañá o proxecto “XE-MENTE” de formación gratuíta en produción ecolóxica e sustentable

Agaca
Por Agaca Febreiro 7, 2019 18:24

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Asociación San Xerome Emiliani

  • Mañá venres 08 de febreiro ás 12:00h terá lugar a Xornada de Presentación do Proxecto “XE-MENTE – As sementes da diversidade”, na sede da ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI, na Guarda (Rúa Galicia, 23), na cal participarán as administracións, institucións e entidades que apoian o proxecto. 
  • XE-mente ofrece un Itinerario formativo baseado na produción sustentable ecolóxica de produtos como herbas medicinais, árbores, flores, plantas ornamentais, hortalizas e froita, que se realizará entre febreiro e novembro de 2019, dirixido a persoas desempregadas do Baixo Miño, con e sen diversidade intelectual e/ou funcional.

A ASOCIACIÓN SAN  XEROME  EMILIANI da Guarda (Pontevedra) pon en marcha o proxecto “ XE-MENTE – As sementes da diversidade”, un proxecto ambicioso, financiado pola FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE (Ministerio para a Transición Ecolóxica) con fondos  FSE, no marco do PROGRAMA  EMPLEAVERDE 2018, que conta cun orzamento total de 217.479,98€.

XE-MENTE nace para dar resposta a unha problemática:

  • a falta de capacitación das persoas con diversidade;
  • a escaseza de oferta formativa variada e especializada para este colectivo (sobre todo en emprego verde);
  • as reducidas posibilidades de atopar emprego nos territorios rurais de referencia (Baixo Miño)
  • as dificultades de inserción socio-laboral das persoas con diversidade
  • as escasas iniciativas formativas inclusivas ás que poden acceder, habitualmente segregadas para persoas con e sen diversidade.

Á súa vez, XE-MENTE atende a unha serie de necesidades:

  • ofrece unha nova oferta de capacitación profesional atractiva, enriquecedora e inclusiva, pero á vez natural, sinxela e accesible, ata o momento inexistente no noso territorio;
  • capacita a grupos formados por persoas con e sen diversidade nun ambiente de ensino-aprendizaxe aberto e inclusivo, ata o momento inexistente;
  • xera novos perfís profesionais verdes que contribuirán a crear empregos verdes inclusivos, que axudarán á súa vez a preservar a riqueza dun ecosistema auto sustentable; favorecendo a valorización e preservación de especies autóctonas mediante a valorización das súas sementes.

XE-mente propón 10 Acciones formativas verdes inclusivas de interese:

1) Formación de co-formadores – Capacitación de persoas con diversidade intelectual/funcional que impartirán a parte práctica do resto de accións formativas

2) Capacitación sobre Herbas medicinais autóctonas e as súas sementes

3) Capacitación sobre Especies arbóreas autóctonas e as súas sementes

4) Capacitación sobre Plantas ornamentais e as súas sementes

5) Capacitación sobre Horticultura ecolóxica e as súas sementes

6) Capacitación sobre Fruticultura ecolóxica e as súas sementes

7) Capacitación para a Creación e xestión dun horto ecolóxico

8) Capacitación para a Elaboración de compostaxe orgánica

9) Ecodeseño de sementeiros e recipientes biodegradables

10) Capacitación sobre comercialización de productos de huerta ecológica (física y online)

As actividades formativas realízanse en 2 rexións: BAIXO MIÑO (Pontevedra) e LANZAROTE (Illas Canarias).  

Asistirán á xornada de presentación a secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia; as alcaldesas e alcaldes dos 5 Concellos do Baixo Miño; a coordinadora do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade; representantes de empresas e asociacións empresariais do sector: TEIGA TMI SL, empresa de inxeniería medioambiental; AGACA Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias; ACUBAM Asociación Cultivos Baixo Miño.

Pode consultar más información: Ficha resumo PDF (español)

07/02/2019

Agaca
Por Agaca Febreiro 7, 2019 18:24
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*