Pontevedra celebra o Día Mundial dos Lácteos na Escola o 27 de setembro

Agaca
Por Agaca Setembro 21, 2017 11:14
  • O CEIP FROEBEL, en Pontevedra, acollerá o 27 de setembro actividades lúdicas e didácticas para promover as vantaxes do consumo de produtos lácteos durante a infancia, na celebración do Día Mundial dos Lácteos na Escola.

 

O Día Mundial dos Lácteos na Escola é unha iniciativa da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) que ten como obxectivo celebrar os beneficios asociados ao consumo de leite en idade escolar na saúde dos nenos e nenas. Este ano celébrase por terceira vez en España.
 
Este ano, a iniciativa leva por título “Compartindo o auténtico” e xirará en torno á figura dos avós e avoas e o vínculo que os une cos netos e netas. Así, á xornada acudirán algún avó ou avoa para contar ao alumnado como transcorreu a súa infancia, en canto a hábitos alimentarios, xogos e múltiples vivencias. O alumnado do Centro participará tamén en xogos tradicionais.

A Interprofesional Láctea INLAC, en representación do sector lácteo, pon en marcha as actividades.

Agaca
Por Agaca Setembro 21, 2017 11:14
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*