POLÍTICA DE CALIDADE

Somos a organización representativa do cooperativismo agrario da Comunidade Autónoma de Galicia no senso máis amplo do termo, exercendo o papel de representación e defensa dos intereses das cooperativas e dos seus socios, e realizando actividades de prestación de servizos de formación, información e asesoramento que repercuten na mellora social e empresarial tanto das cooperativas como dos seus socios.

A presente política de calidade fundaméntase nos seguintes principios:

  • Somos un equipo de traballo tecnicamente cualificado, implicado e comprometido na calidade do traballo realizado, e atento ás novas oportunidades de mellora da organización.
  • Como prácticas habituais, traballamos en equipo e apoiámonos mutuamente para potenciar o mellor desenvolvemento das nosas tarefas e a atención ao cliente, e favorecer a complementariedade e a motivación.
  • A nosa integridade persoal é a expresión da honestidade, orde, respecto e entusiasmo.
  • Traballamos con unha clara vocación de servizo aos clientes e a orientación cara á súa satisfacción en tódolos servizos que prestamos dende AGACA, tendo en conta as novas demandas, as expectativas manifestadas polas cooperativas socias, así como os requisitos legais e técnicos.
  • A comunicación coas cooperativas é continua, eficiente e baseada na confianza e respecto mutuo, como claves para lograr a súa fidelización con AGACA.
  • A formación interna permítenos mellorar a nosa capacitación, innovar no desempeño do noso traballo, utilizar eficientemente os recursos e potenciar o noso desenvolvemento integral como persoas.
  • A mellora continua en tódalas actividades que realiza AGACA é un obxectivo permanente de tódolos integrantes da organización. Anualmente, fixamos uns obxectivos e indicadores que permiten medir a valoración dos servizos prestados e, en particular, da formación impartida.

O noso sistema de xestión da calidade axústase aos requisitos da norma UNE-EN ISO 9001:2015, “Sistemas de xestión da calidade. Requisitos”, e está certificado por Lloyd’s Register Quality Assurance España S.L.

En Santiago de Compostela, a 20 de maio de 2019.

Asdo.: Higinio Mougán Bouzón

Director – Xerente