Pedro Ballesteros, Master of Wine, augura un gran futuro aos tintos da D.O. Rías Baixas

Agaca
Por Agaca Xullo 11, 2016 12:30

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: D.O. RÍAS BAIXAS

  • O único Master of Wine español impartiu unha cata comentada de oito marcas dentro da XI Festa do Tinto Rías Baixas.

WB_Cata_Pedro_Ballesteros_master_wine_rias_baixasO único Master of Wine español, Pedro Ballesteros, impartiu o 7 de xullo unha cata comentada de oito marcas de viños tintos amparados pola Denominación de Orixe Rías Baixas. Á cita, que se desenvolveu no Mercado Municipal das Neves, acudiron un total de 52 profesionais do sector. O secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, foron os encargados de presentar esta cita.

Durante a sesión, Pedro Ballesteros destacou en todo momento o “gran futuro dos tintos de Rías Baixas. Son viños moi diferentes, atlánticos, moi frescos, suaves en boca, de pouco grao e dunha altísima calidade”, resultando ideais para o sector da “alta gastronomía e para aquelas persoas ás que lles gusten os viños delicados e alternativos”. Durante a cata dirixida nas Neves, o Master of Wine instou as adegas a “investigar moito, traballar e asistir a cursos especializados”, co fin de sacar o maior partido ás “variedades autóctonas tintas” da Denominación de Orixe Rías Baixas. Ademais, animoulles a “non parecerse a ninguén, xa que teñen que ser diferentes”, do mesmo xeito que os tintos que elaboran.

Tamén defendeu “a promoción deste nicho de mercado” xa que, por agora, a produción de tintos dentro desta denominación de orixe é baixa e pouco coñecida. Por iso, animou aos adegueiros para seguir traballando para mellorar os seus viños e ampliar os seus coñecementos sobre eles. “Aínda quedan uns anos moi intensos de traballo, pero estou convencido de que os tintos de Rías Baixas van ter un gran éxito entre o público ao que lle gustan os viños diferentes”, concluíu.

Cata de oito marcas
Para esta cata profesional incluída dentro da XI Festa do Tinto Rías Baixas, Pedro Ballesteros escolleu oito marcas de viño elaboradas por adegas das subzonas de Val do Salnés, O Rosal, Condado do Tea e Ribeira do Ulla. A través das explicacións do propio Master of Wine e dos adegueiros e enólogos, os asistentes tiveron a ocasión de degustar varios monovarietales das variedades Castañal, Caiño Tinto (en concreto, tres de diferentes subzonas), Loureiro Tinto e Sousón. Ademais, tamén se degustaron plurivarietales coas variedades tintas Espadeiro, Sousón e Pedral.

Todos os asistentes mostráronse moi satisfeitos coas indicacións e os consellos achegados por Ballesteros, que confesa que “cando probei os tintos de Rías Baixas quedei namorado deles. Son uns viños interesantísimos, moi finos, e cun potencial enorme”, apostilou. Pedro Ballesteros concluíu a súa viaxe á Denominación de Orixe Rías Baixas con distintas visitas a adegas.

Agaca
Por Agaca Xullo 11, 2016 12:30
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*