Os estudantes do Xoaquín Loriga visitan Dairylac para aprender cooperativismo

Agaca
Por Agaca Maio 2, 2018 14:00 Actualizado
  • A planta láctea de Dairylac (Melide) recibiu esta mañá ao alumnado do colexio lalinés Xoaquín Loriga, nun obradoiro sobre cooperativismo.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

20180502_eusumo_ceip_xoaquin-loriga_dairylacTécnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación de la economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Participaron 23 estudantes de terceiro ciclo de Primaria do colexio Xoaquín Loriga, situado no municipio de Lalín.

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica, como se trata o leite para facelo apto para o consumo e como se producen os queixos. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

Rede Eusumo

wb_logo_rede_eusumoEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

02/05/2018

 

Agaca
Por Agaca Maio 2, 2018 14:00 Actualizado
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*