Os Beneficios da Colaboración entre Cooperativas

Agaca
Por Agaca Outubro 29, 2014 14:29

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Mesa de Inauguración da Xornada29/10/2014

Os beneficios da colaboración entre cooperativas: perspectivas de futuro no sector agroalimentario

Hotel Eurostars- San Lázaro, Santiago de Compostela 09:00-19:30

 

 

NOTA PRENSA

AGACA organiza unha Xornada sobre as vantaxes da colaboración cooperativa ante a nova PAC

 

A Asociación Gallega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o seminario “Os beneficios da colaboración entre cooperativas: perspectivas de futuro no sector agroalimentario”, no Hotel Eurostars San Lázaro de Santiago de Compostela. Expertos en materia económica e lexislativa explicarán as claves para manter iniciativas de integración cooperativa con éxito.

O Seminario, que dará comezo ás 09:30 horas no hotel Eurostars San Lázaro de Santiago de Compostela, contará con cinco relatorios e unha mesa redonda a cargo de expertos en novidades lexislativas e económicas que afectan ao sector agroalimentario galego e nacional. O acto oficial de inauguración, ás 12:30 horas, contará coas intervencións do presidente de AGACA, José Severino Montes, e do director de Negocio Agroalimentario e cooperativo de Cajamar, Roberto García.

A primeira intervención, sobre a aplicación da PAC 2015/2020 en Galicia e o seu impacto no futuro do sector agrario, correrá a cargo de Patricia Ulloa, directora xeral do Fondo de Garantía Agraria de Galicia (FOGGA).

Eduardo Baamonde, director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, afondará nos beneficios que se poden agardar da aplicación da Lee de Integración de Cooperativas Agroalimentarias e nos proxectos que poden resultar vantaxosos para as entidades galegas.

Pola tarde, Agustín Herrero, subdirector de Cooperativas Agro-alimentarias, analizará as repercusións da Lei da Cadea de Valor nos socios de cooperativas e as claves para asegurar o cumprimiento dos contratos no sector lechero.

Outros dos temas que se exponán son os apoios á colaboración entre cooperativas en materia de comercialización, innovación e internacionalización, a cargo de Xoan Miguel Concheiro, subdirector de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar. Roberto García exporá a aportación de valor na integración de entidades agroalimentarias.

A xornada pechará cunha mesa redonda na que o conselleiro delegado de Acolat/Clesa, José Luis Antuña; o director xeral de Delagro, Carlos Castro, e o xerente de Aira, Daniel Ferrreiro, debatirán as bases económicas, sociais e organizativas necesarias para conseguir o éxito a través de proxectos de integración de cooperativas.

Agaca
Por Agaca Outubro 29, 2014 14:29
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*