Ortigueira almorza san con AGACA e Obra Social “la Caixa”

Agaca
Por Agaca Novembro 24, 2017 13:11

ACTIVIDADES

Decembro 2017

REVISTA AGACA

  • 135 portada

    Coooperación Galega nº 135 Outubro 2017

    Editorial. Lumes, agro e cooperativas agroalimentarias
    A fondo. LACES, entidades galegas e portuguesas impulsarán a competitividade das empresas de economía social
    Caderno Técnico. A evolución da mecanización en Galicia. Unha visión a través da análise de custos operativos

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Preto de 40 estudantes do CEIP José María Lage (Ortigueira) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables con produtos galegos e mostra o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.

20171124_Beizos_ceip_jm_lage_ortigueiraOs 36 nenos e nenas de terceiro de primaria do CEIP José María Lage (Ortigueira) aprenderon esta mañá diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables, naturais e procedentes maioritariamente do mercado nacional, fronte aos almorzos pouco variados ou baseados en produtos procesados industrialmente.

Entre os consellos ofrecidos pola nutricionista María Fernández, que impartiu a charla, atópase os consumo de zumes naturais como complemento pero non como substitutivo das froitas de tempada (pois a froita enteira achega máis enerxía e nutrientes que a espremida), o de produtos lácteos e, sobre todo, almorzar diariamente. A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, froita e pancon aceite.

Ademais, mediante un xogo en grupo aos estudantes aprenderon os pasos do proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, e a importancia do sector no medio rural galego

Compromiso social

AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.

24/11/2017

Agaca
Por Agaca Novembro 24, 2017 13:11
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*