Oportunidade! Creamos a túa Memoria de Responsabilidade Social Empresarial

Agaca
Por Agaca Xaneiro 11, 2019 15:13

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Unión de Cooperativas AGACA ofrece ás cooperativas socias a realización gratuíta da Memoria de Responsabilidade Social Empresarial (RSE).
  • Interésache? Contacta con Higinio Mougán (director-xerente de AGACA) en agaca@agaca.coop.

A Responsabilidade Social Empresarial (RSE) atende de forma integrada as cuestións ambientais, económicas, laborais e sociais.

A RSE é un reto para as cooperativas que desexan, de xeito voluntario, asumir os valores éticos necesarios para operar nun mercado e ter a lexitimidade concedida por todos os axentes e grupos de interese cos que se relaciona a cooperativa.

No traballo diario, as cooperativas están facendo responsabilidade social aínda que non son conscientes de que a fan. O día a día da actividade das cooperativas serve para aportar miles de grans de area neste proceso de desenvolvemento sostible e socialmente responsable. Pola contra, as cooperativas non o saben, non o consideran, non o “monitorizan”.

Son moitas as razóns para traballar na implantación da responsabilidade social:

  • Razóns de xestión interna, relacionadas con unha activa xestión laboral, social e medioambiental.
  • Facilita a obtención de datos co fin reaccionar e anticiparse ante decisións estratéxicas da empresa.
  • Mellora da imaxe da cooperativa: A memoria de RSE serve para resaltar as contribucións sociais e ambientais da cooperativa e as propostas de sustentabilidade dos produtos e servizos.
  • Maior puntuación nalgunhas axudas e contratos coas administracións públicas: Cada vez máis administracións están incorporando consideracións de sustentabilidade e responsabilidade social como criterios de acceso a axudas e valoración e mellora nos procesos de contratación pública.
  • Esixencias legais, xa que a normativa pode obrigar ás cooperativas a controlar o seu impacto social e medioambiental.
  • Demandas dos grupos de interese, con presións internas e externas. Traballadores/as, socios/as, veciñanza, administración, clientela, empresas de subministradoras, bancos, mutuas etc.. Cada vez teñen máis importancia as relacións con partes externas, xa sexan consumidores/as, inversores/as o agrupacións que constitúen un factor fundamental para o éxito empresarial.

AGACA está a traballar no fomento da RSE nas cooperativas agrarias de Galicia dende o ano 2005, polo que xa se realizaron máis dunha ducia de Memorias.

A partir de 2017 traballamos dende o Programa Rede Eusumo co apoio do software oficial Xunta PRO RSE-Pro. A cooperativa deberá só comprometerse a pasarnos os datos e información requeridos;  a elaboración corre a cargo do noso persoal técnico.

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

Agaca
Por Agaca Xaneiro 11, 2019 15:13
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*