Oito cooperativas hortofrutícolas compartirán por primeira vez a súa información nun clúster enerxético

Agaca
Por Agaca Decembro 4, 2017 11:11

ACTIVIDADES

Decembro 2017

REVISTA AGACA

  • 135 portada

    Coooperación Galega nº 135 Outubro 2017

    Editorial. Lumes, agro e cooperativas agroalimentarias
    A fondo. LACES, entidades galegas e portuguesas impulsarán a competitividade das empresas de economía social
    Caderno Técnico. A evolución da mecanización en Galicia. Unha visión a través da análise de custos operativos

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Dentro del proyecto europeo SCOoPE, que coordina Cooperativas Agro-alimentarias de España, en el que participa AGACA

 

  • As cooperativas valencianas Vinícola de Lliria, Coopego, Coabe ( Bétera), Rural San Vicente Ferrer de Benaguasil, Agrícola San José de Alcàsser, Copal ( Algemesí), Anecoop e Alzicoop (Alzira) participarán nun clúster pioneiro na utilización de datos enerxéticos a tempo real para mellorar a súa eficiencia a través da comparación ou “benchmarking”.

20171204_SCOoPE_cluster_valencia_wbNos últimos anos, a utilización de ferramentas de tele-monitoraxe enerxética volveuse unha realidade en grandes empresas con varias sedes ou centros de produción. Os EMS, ou sistemas de xestión enerxética, provocan aforros directos ao mellorar a eficiencia, pero tamén alertan de mal funcionamento na produción ou permiten avaliar na súa planificación a utilidade das boas prácticas. Os EMS seguen a filosofía da ISO 50.001 para a xestión enerxética.

Este clúster hortofrutícola é unha iniciativa pioneira, xa que neste caso non se trata de instalacións nunha mesma empresa, senón de diferentes empresas cooperativas que cren na colaboración para mellorar a súa forma de producir. A instalación de aparellos de medición de consumo eléctrico a nivel de subproceso, Precalibrado-Confección-Conservación en frío-Aire comprimido e outros consumos permitirá a comparación a través de indicadores do comportamento enerxético das cooperativas. Ademais, as cooperativas poderán acceder en todo momento e en tempo real á súa información, grazas á conexión remota dos analizadores cun sistema centralizado desenvolvido polo proxecto SCOoPE (www.scoope.eu) Estas cooperativas recibirán de forma mensual unha análise individual e colectivo da súa situación, ademais de propostas de mellora e aforros.

SCOOPEEste clúster é o primeiro previsto dentro do proxecto SCOoPE, que nas próximas semanas lanzará tamén en España outro no sector de fabricación de pensos. O proxecto, ademais, coordinará outros catros en Grecia, Italia, Portugal e Francia, nos sectores de secado de cereal e hortofrutícola.

O lanzamento do clúster tivo lugar en Valencia nun encontro no que participaron as oito cooperativas xunto cos coordinadores do proxecto de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Cooperatives Agro- alimentàries da Comunitat Valenciana e os expertos técnicos de CIRCE e MANAR Consulting. Aínda que empresas distintas, todas elas teñen un papel relevante no procesado de cítricos en particular, e de produtos hortofrutícolas, en xeral.

Agaca
Por Agaca Decembro 4, 2017 11:11
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*