Obradoiros de economía social para 70 estudantes, en Trasancos

Agaca
Por Agaca Abril 4, 2019 13:07

ACTIVIDADES

Abril 2019

REVISTA AGACA

  • 142 portada

    Cooperación Galega Nº 142 Marzo 2019

    Editorial: Relevo xeracional e cooperativas
    A fondo: Rexuvenecer o rural é cuestión de tempo
    Caderno Técnico: A fertilización nas prácticas agroforestais

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Fundación Terra de Trasancos (Narón) recibiu hoxe ao alumnado do colexio lucense María Auxiliadora e onte ao do IES Leixa (Ferrol)en senllos obradoiros sobre economía social.
  • As actividades, organizadas por AGACA, enmárcanse na Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Medio centenar de estudantes de secundaria do colexio María Auxiladora (Lugo), esta mañá, e unha vintena de bacharelato do IES Leixa (Ferrol), onte, aprenderon na fundación Terra de Trasancos (Narón) as cualidades que fan das cooperativas un modelo de negocio sustentable e estable no medio rural nos obradoiros “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”.

O obxectivo da actividade é difundir o funcionamento da economía social para que o alumnado teña en conta este modelo de negocio para desenvolver unha carreira profesional ao rematar os estudos.

Persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, que desenvolve actividades en varias áreas, entre elas agrícola, supermercado e perruquería.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Estudantes do IES Leixa nos invernadoiros da Cooperativa O Val, na visita á Fundación Terra de Trasancos

Estudantes do IES Leixa nos invernadoiros da Cooperativa O Val, na visita á Fundación Terra de Trasancos

O alumnado do Colegio María Auxiliadora recibiu formación acerca do funcionamento cooperativo

O alumnado do Colegio María Auxiliadora recibiu formación acerca do funcionamento cooperativo

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

04/04/2019

Agaca
Por Agaca Abril 4, 2019 13:07
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*