Obradoiro sobre economía social en Terra de Trasancos

Agaca
Por Agaca Abril 10, 2018 15:07

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O Centro da Rede Eusumo Fundación Terra de Trasancos (Narón) acolleu esta mañá a 40 estudantes do Colexio María Auxiliadora, da cidade de Lugo.
  • Participaron nunha charla formativa e percorreron as instalacións de Terra de Trasancos, entidade que opera en varios sectores económicos no modelo da economía social.
  • As actividades son parte da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

20180411_eusumo_maria-auxiliadora-Terra-de_trasancos

A Fundación Terra de Trasancos recibiu esta mañá a 40 estudantes de 3º de ESO do colexio lucense María Auxiliadora, no obradoiro “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, da Rede Eusumo, para mostrar las características deste modelo de negocio, que pode prosperar no medio rural e en diversos sectores produtivos e de servizos.

Técnicos de Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) imparten a formación, que destaca como valores positivos nas cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

Os estudantes percorreron as instalacións de Terra de Trasancos (que funciona ademais como centro Rede Eusumo de difusión do cooperativismo) para coñecer primeira man p funcionamento dunha sociedade que desenvolve a súa actividade, agrícola y de servizos, dentro do modelo de la economía social.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

10/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 10, 2018 15:07
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*