Obradoiro sobre Economía social en Dairylac

Agaca
Por Agaca Abril 18, 2018 14:23

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Dairylac recibiu esta mañá a 29 estudantes do instituto Poeta Díaz Castro (Guitiriz). Coñeceron en que consiste o cooperativismo e visitaron as instalacións de Dairylac en Melide.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

20180418_eusumo_poeta_diaz_castro_DairylacTécnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación de la economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Particiou unha trintena de estudantes de segundo curso de Secundaria do instituto Poeta Díaz Castro, de Guitiriz..

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica e algúns conceptos e estratexias de márketing. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

Rede Eusumo                                   

 Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

18/04/2018

 

Agaca
Por Agaca Abril 18, 2018 14:23
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*