Obradoiro sobre Economía social en Dairylac para 30 estudantes lucenses

Agaca
Por Agaca Abril 27, 2018 13:40 Actualizado
  • Dairylac recibiu esta mañá a unha trintena estudantes do instituto Sanxilao (Lugo). Coñeceron en que consiste o cooperativismo e visitaron as instalacións de Dairylac en Melide.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

20180427_eusumo_IES-Sanxilao-DairylacTécnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación de la economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Participaron 30 estudantes de segundo curso de Secundaria do instituto lucense Sanxilao.

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica e algúns conceptos e estratexias de márketing. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

Rede Eusumo

 Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

27/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 27, 2018 13:40 Actualizado
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*