Obra Social “la Caixa” e AGACA mostran a escolares de Vigo o valor de almorzar

Agaca
Por Agaca Marzo 24, 2017 14:37
  • Máis de 40 estudantes do CEIP O Sello (Vigo) participaron esta mañá “Almorz@ con Beizos Brancos”, promovida por AGACA e Obra Social “la Caixa” para fomentar os almorzos saudables.
  • Unha nutricionista explicou as mellores opcións para almorzar de forma adecuada e dirixiu unha actividade didácticas para mostrar o proceso de produción e transformación do leite. A xornada concluíu cun almorzo baseado en produtos naturais.
  • Dende o inicio do curso académico 2016/2017, “Almorz@ con Beizos Brancos” ten distribuído máis de 850 almorzos sans.

20170324_Beizos_Vigo_O_SelloO programa “Almorz@ con Beizos Brancos” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” recalou esta mañá no colexio vigués O Sello,  para difundir hábitos nutricionais saudables entre os estudantes de terceiro, cuarto e quinto de primaria.

A actividade comezou mostrando os valores de diferentes alimentos típicos do almorzo, para facer ver a nenos e nenas que existen diversas alternativas ricas en compoñentes de alto valor enerxético e nutricional como poden ser as froitas de tempada e os lácteos, así como opcións menos convencionais como o aguacate, que poden tomar no canto de produtos procesados industrialmente, con exceso de azucres refinados ou lípidos prexudiciais.

Tras a charla, tivo lugar un xogo para aprender os traballos asociados ao sector lácteo e os procesos que segue o leite desde a granxa á mesa.

Para finalizar a actividade, o alumnado probou un almorzo composto de madarinas, pan galego con aceite e leite adozada con cacao puro e mel. Para estender a mensaxe ás familias, repartiuse material divulgativo con varias opcións de xantares sans fronte a outros non recomendados, de modo que se poidan incorporar máis facilmente os hábitos alimentarios sans.

Compromiso social

AGACA e Obra Social “la Caixa” repartiron o curso pasado, cando comezou esta iniciativa, 550 almorzos. Este curso a cifra supera os 850.

24/03/2017

Agaca
Por Agaca Marzo 24, 2017 14:37
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*