Obra Social “la Caixa” e AGACA inician 2017 formando en alimentación sa e envellecemento activo

Agaca
Por Agaca Xaneiro 16, 2017 11:57

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Obra Social “la Caixa” e AGACA puxeron en marcha o pasado venres 13 de xaneiro nas primeiras actividades do “Plan de acción en favor de la infancia, xuventude, muller e maiores 2016- 2017”, con actividades en Ferrol e A Capela
  • O Plan inclúe tamén actividades de empoderamento dirixidas á muller cooperativista. A primeira delas neste 2017 terá lugar o mércores día 18 de xaneiro en Cobideza (Cercio – Lalín).
  • Preto dun milleiro de persoas se beneficiaron destes programas na campaña 2015/2016.

Almorz@ con Beizos Brancos” – Ferrol
20170113_Almoz_beizos_brancos_Ferrol_cruceiro
Cincuenta estudantes do terceiro curso de primaria do CEIP Cruceiro de Canido (Ferrol) participaron na primeira actividade do ano de “Almorz@ con Beizos Brancos”, promovida por AGACA e Obra Social “la Caixa”para fomentar os almorzos saudables.

Unha nutricionista explicou as mellores opcións para almorzar de forma adecuada e dirixiu unha actividade didáctica para mostrar o proceso de produción e transformación do leite. A xornada concluíu cun almorzo baseado en produtos naturais

Coidar, coidarte” — Cooperativa de Campo Capela

Unha vintena de persoas socias da “Cooperativa de Campo Capela” asistiu á xornada “Coidar, coidarte”, dirixida tanto a persoas maiores, para aprender a envellecer de xeito saudable, como a coidadores e coidadoras, para mellorar a súa calidade de vida e a de quen ten a cargo.

20170113_Coidar_coidarte_A_Capela_wb
A primeira parte da mañá constou dunha charla sobre o papel das cooperativas na mellora do benestar das persoas maiores do medio rural a cargo de Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

A continuación, Marisol Suárez e Silvia Fondo, profesionais en atención a persoas maiores e con dependencia explicaron diferentes modos de mitigar a deterioración asociada ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as que estean encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no seu día a día.

Ademais, demostraron, con axuda do público, técnicas para a correcta mobilización e coidado no fogar de persoas maiores ou dependentes.

16/01/2017

Agaca
Por Agaca Xaneiro 16, 2017 11:57
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*