Obra Social “la Caixa” e AGACA impulsan unha Xornada en prol da igualdade

Agaca
Por Agaca Marzo 9, 2018 15:00

ACTIVIDADES

Decembro 2018

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega 140

    Cooperación Galega nº 140 – Octubre 2018

    Editorial- A cuarta revolución industrial
    A Fondo- AIRA e DAIRYLAC vistas polo seu presidente e director
    Caderno Técnico- Implantación e manexo de praderías de leguminosas anuais biodiversas para zonas de seca no verán

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá o IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas) acolleu unha charla acerca da igualde de xénero no medio rural e a necesidade de visibilizar o papel das mulleres que viven e traballan no medio rural.
  • Fundación Obra Social “la Caixa” e AGACA promoven a iniciativa.

A Fundación Obra Social “la Caixa” impulsou esta mañá, xunto con AGACA, unha charla dirixida ao alumnado de cuarto da ESO do IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas), para conmemorar o Día Internacional da Muller. Actualmente, Galicla conta cun 34% de poboación ubicada en municipios rurais; o 49% desa poboación é muller. En canto ás explotacións agrícolas e gandeiras, o 54% delas don de titularidade feminina.201803_atrevete-dia-muller_IES_pedras-rubias

Medio centenar de rapaces e rapazas aprenderon, da man de Ruth Rodríguez, axente en Igualdade de Xénero e técnico en AGACA, como recoñecer e así evitar as ideas preconcibidas en materia de identidade de xénero, que impiden alcanzar unha igualdade real: “Estereotipos como presupoñer que toda muller quere ser nai ou que todo home é afeccionado ao fútbol son prexudiciais para os individuos, tanto mulleres como homes, e impiden que coñezamos ás persoas tal e como son, con idependencia do seu xénero”, explicou.

Higinio Mougán, director xerente de AGACA, animou ao alumnado: “Gustaríame convidarvos a todos vós para que sexades activistas na busca da Igualdade de Xénero na aula, no voso contorno de amizades, no familiar, nos momentos de lecer, no día de hoxe e nos postos que ocupedes na sociedade o día de mañá”.

Como exemplo, Dolores Calvo, presidenta da adega cooperativa Condes de Albarei, falou ao alumnado da súa experiencia como viticultora e persoa á fronte dunha cooperativa: “A igualdade entre homes e mulleres ten que estar presente en todas as profesións e ámbitos, tanto rurais como urbanos”, afirmou.

Atrévete Contigo Mesma”, habitualmente celebrado para socias de cooperativas, busca o empoderamento e suba da autoestima das cooperativistas, para evitar que obstáculos coma a falta de tempo e a sensación de falta preparación (motivos máis repetidos polas participantes no programa) as impidan involucrarse en órganos de decisión cooperativos. Dende 2015, cando comezou a iniciativa, celebráronse 20 xornadas e máis de 550 mulleres tomaron parte.

Obra Social “la Caixa” tamén impulsa, con AGACA, iniciativas para fomentar os almorzos sans entre estudantes de primaria e charlas para mellorar a atención que reciben no fogar as persoas maiores e con dependencia, ademais dunha iniciativa para impulsar a incorporación de persoas mozas ao medio rural.

 

.

 

Agaca
Por Agaca Marzo 9, 2018 15:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*