O proxecto europeo AGROSMARTcoop presentouse no II Cume de Indicacións Xeográficas, en Turquía

Agaca
Por Agaca Setembro 23, 2019 12:52

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

O proxecto europeo AGROSMARTcoop foi presentado nunha mesa redonda do II Cume de Indicacións Xeográficas que tivo lugar en Ankara a pasada semana. O evento busca promover o valor das Indicacións Xeográficas e crear lazos de cooperación internacional.

 O II Cume de Indicacións Xeográficas organizado pola Cámara de Comercio de Ankara (Turquía) celebrouse entre o 19 e o 21 de setembro en Ankara e contou coa intervención de Ruth Rodríguez, técnica de AGACA, que expuxo o proxecto AGROSMARTcoop, no marco dunha sesión titulada “Modelos innovadores de comercialización das Indicacións Xeográficas”.

20190921-II-Cume-Indicacions-Xeograficas-Turquia-AGROSMARTcoop

AGROSMARTcoop foi invitado pola Cámara de Comercio de Ankara dada a relación do proxecto coa promoción de produtos locais de España, Francia e Portugal a nivel internacional e ás ferramentas que ofrece para que as cooperativas atopen sinerxías e colaboren.

Durante a súa presentación, que tivo lugar o sábado, Rodríguez destacou a forte relación entre as I.X.P. e D.O.P e as cooperativas, ao traballar con produtos locais, e como o proxecto AGROSMARTcoop axudou a desenvolver o concepto de marketing intelixente, que consiste en servirse do potencial das cooperativas para destacar os seus produtos a través da súa calidade e carácter endóxeno, apoiadas pola innovación tecnolóxica e científica.

Avanzou tamén que as redes de intercooperación internacional logradas en AGROSMARTcoop terán continuidade en AGROSMARTglobal, un proxecto que comezará en vindeiros meses e aspira a promover a internacionalización de pequenas e medianas cooperativas.

O Cume

20190921-II-Cume-Indicacions-Xeograficas-Turquia-grupo-ponentesOs obxectivos deo Cume, ademais de promover os produtos de Turquía, son crear plataformas e infraestruturas internacionais de cooperación dirixidas á comercialización de produtos de Indicación Xeográfica (I.X.) e dar visibilidade á contribución económica, cultural e social das I.X. no desenvolvemento rural. Entre os grupos de interese que participaron no cume, procedentes tanto de Turquía como doutros países (Austria, Italia, Georgia, Sudáfrica, Ecuador, Tanzania entre outros), atopábanse representantes de cooperativas, de asociacións de produtores, de cámaras e unións de Intercambio de bens e do sector HORECA, así como de firmas especializadas en patentes e marcas rexistradas.

Outras sesións abordaron distintos enfoques internacionais ás I.X., o seu importante rol no desenvolvemento rural, o seu impacto na gastronomía e no desenvolvemento turístico das rexións que as acollen e  boas prácticas. Tratáronse tamén cuestións máis técnicas coma sistemas de xestión e auditoría, dereitos de propiedade intelectual, as relación coas organizacións de produtores e os roles dos gobernos locais para a protección das I.X., así como outras sesións centradas nas I.X. en Turquía.

O Cume ofreceu tamén sesións formativas, dirixidas a estudantes e a profesionais dos grupos de interese, acerca de temas coma desenvolvemento, xestión e marketing nas I.X., así coma o proceso de rexistro dunha I.X. na Unión Europea.

AGROSMARTcoop

agrosmartcoop_BN

AGROSMARTcoop é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa Interreg Sudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomentar a competitividade e la internacionalización das pemes do Sudoeste europeo, cuxo obxectivo principal é crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente, dotando de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación.

O proxecto foi cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a UE, con cargo ao Programa de Cooperación Interreg V-B Europa Suroccidental (Interreg Sudoe 2014 – 2020), e dispón dun orzamento total de 1.295.000,00 euros (axuda FEDER: 971.250,00 euros)”.

Durante dous anos, ata o 31 de decembro de 2018, oito entidades beneficiarias de seis rexións europeas dedicaron esforzos a precisar sinerxías e potencialidades. O consorcio internacional está conformado por: Asociación Galega de Cooperativas  Agroalimentarias, AGACA, encargada de liderar o proxecto; Cooperativas Agro-alimentarias Castilla – La Mancha, CACLM; Federación de Cooperativas Agro-alimentarias de Euskadi, FCAE; Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura, CICYTEX-Junta de Extremadura; Association des Régions Européennes des Produits d’Origine, AREPO (Francia);  Coop de France Nouvelle Aquitaine, CDF NA (Francia); União Cooperativa Polivalente da Região Norte, UniNorte (Portugal) e Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, UTAD (Portugal).

23/09/2019

Agaca
Por Agaca Setembro 23, 2019 12:52
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*