O Ponte Sampaio almorza saudablemente

Agaca
Por Agaca Febreiro 18, 2020 14:33

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O alumnado do CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra) aprendeu sobre nutrición e cooperativismo nunha actividade organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

20200218_Eusumo-Almorzo-Ponte-sampaio

Estudantes de tercero y cuarto de primaria do colexio de Ponte Sampaio (Pontevedra) participaron esta mañá en “Almorzos Cooperativos”, unha actividade organizada por AGACA no marco da Rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

“Almorzos Cooperativos” ten dous obxectivos: promover a alimentación sá para manter a boa saúde e enfatizar o rol das cooperativas na produción de alimentos.

A nutricionista María Fernández explicou as propiedades nutricionais de varios alimentos e como combinalos en almorzos equilibrados; como exemplo, nenos e nenas degustaron un almorzó con froita, pan con aceite e leite.

O concepto de coperativismo explicouse mediante xogos deseñados para promover a axuda e a colaboración entre participantes. Para reforzar o aprendido repartiuse material didáctico sobre produción alimentaria e nutrición.

Microrrelatos

Por outra parte, AGACA e Rede Eusumo poñen en marcha un concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria, co obxectivo de fomentar a escritura e impulsar o interese polo cooperativismo e pola produción de alimentos, a agricultura e o medio rural. Os centros educativos públicos de Galicia interesados en participar poden consultar as bases nesta ligazón ou chamando al 981 584 783.

Rede Eusumo

Esta actividade se enmárcase  no programa de actuación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

20190618_logos-REDE-EUSUMO

18/02/2020

Agaca
Por Agaca Febreiro 18, 2020 14:33
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*