O Paquete Lácteo será o protagonista da xornada profesional de mañá en Santiago

Agaca
Por Agaca Xullo 1, 2019 14:29

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Mañá martes, 02 de xullo, no hotel Puerta del Camino terá lugar a xornada: “Desenvolvemento do cooperativismo leiteiro galego: Paquete Lácteo”.
  • Tamén se tratará a reforma da PAC, entre outros temas.
  • Organiza a xornada, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

A xornada ” Desenvolvemento do cooperativismo leiteiro galego: Paquete Lácteo” reunirá mañá martes, no hotel compostelán Puerta del Camino, a medio cento de profesionais vinculados ao sector lácteo. Entre os temas a considerar inclúense: a reforma da PAC, o novo marco regulador de aplicación sobre o Paquete de Produtos Lácteos, o progreso dos proxectos de Medio Rural no sector, o acordo para o desenvolvemento do programa de prescrición e uso razoable de antibióticos.

Entre os oradores atópanse: Jorge J. Piñeiro, director xeral adxunto do FOGGA; Concha Gafo, do servizo xeral de leite e derivados lácteos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; Marcos Barreiro, xefe de servizo para análise e informes da Consellería do Medio Rural; Miguel A. Pérez, director xeral de desenvolvemento rural da Xunta de Galicia e Victorio M. Collado, técnico de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Finalmente, e só para as entidades socias, desenvolverase unha reunión sobre a situación actual da cooperativa e Organización de Produtores(O.P.), Aprolac.

01/07/2019

Agaca
Por Agaca Xullo 1, 2019 14:29
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*