O Ministro Luis Planas visita Clesa e Clun durante a súa estancia en Galicia

Agaca
Por Agaca Setembro 5, 2019 12:52

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Luis Planas asegura que o futuro do sector lácteo pasa por incrementar o valor, a exportación e pola substitución xeracional

  • O ministro anima ao sector lácteo a avanzar na integración e na creación de organizacións de produtores para xerar maior valor engadido.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luis Planas, sinalou onte na súa visita a cooperativas lácteas en Galicia, que o futuro do sector lácteo pasa por incrementar o valor, a exportación e pola substitución xeracional.

20190905_Luis_Planas_ClunDestacou que o Ministerio traballa por dotar de estabilidade ao sector e recordou que o pasado mes de marzo “modificamos o decreto relativo ao ‘paquete lácteo’ para mellorar o sistema actual” e que o pasado mes de decembro “aprobamos outro decreto en relación coa orixen láctea dos produtos, para unha mellor identificación e valorización dos mesmos”.

Tamén puxo en valor os contratos escritos que teñen sido un elemento “moi positivo”.

O ministro participou onte na inauguración do XII Congreso de Economía Agraria en Lugo.

Mencionou que o Ministerio traballa nun proxecto de real decreto para a ordenación do sector vacún, tanto de carne como de leite para apoiar un crecemento e desenvolvemento harmónico do sector.

Entre outras medidas, detallou Planas, tras visitar en Galicia as cooperativas lácteas Clesa e CLUN, o obxectivo é mellorar a xestión produtiva, zootécnica e sanitaria das explotacións e dos recursos necesarios para levar a cabo a súa actividade.

Na súa visita a Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), a unión de tres cooperativas e o maior proxecto de integración cooperativa recente en Galicia, Planas indiciu no compromiso do Gobierno de España por dotar de estabilidade e facilitar un crecemento ordenado do sector a través desta norma.

Puxo en valor o traballo das cooperativas, empresas ligadas ao mundo rural, que son todo un exemplo, pero que teñen que seguir gañando en dimensión para incrementar o valor das súas producións.

Tamén fixho un chamamento ao sector lácteo para seguir avanzando nas organizacións de produtores, figura que fortalece o seu papel negociador e que lles permite mellorar as estruturas de transformación e venda para xerar maior valor engadido.

En marzo de 2019, o Goberno aprobou un real decreto para mellorar o poder de negociación dos produtores ou incluír nos contratos cláusulas de reparto de valor.

Galicia concentra o 38 % da produción de leite de vaca de España

O ministro destacou que Galicia concentra un 38 % da produción total de España, que en 2018 superou os 7,1 millón de toneladas, o 1,4 % máis respecto a 2017.

Las autonomías de la cornixa cantábrica (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco) suman máis da metade da produción de leite e contan co 80 % dos ganadeiros.

O ministro sinalou que, tralo fin das cotas lácteas en 2015, a sustentabilidade do sector pasou a depender da súa propia capacidade de modernizarse e competir, o que está relacionado coa dimensión e o feito de que o número de explotacións teña descendido un 6 % anual, pero non así a produción que aumentou.

Animou ao sector a seguir avanzando na diferenciación de produtos, con maior valor engadido, apostando pola calidade, o benestar animal e a sustentabilidade, pero tamén na diversificación de produtos transformados e de mercados exteriores.

Co fin de facilitar ao consumidor a elección, dende xaneiro deste este ano está en vigor unha nova norma que obriga a etiquetar a orixen do leite. Este real decreto ten sido moi demandado polo sector, porque achega un plus de transparencia e diferenciación.

05/09/2019

Agaca
Por Agaca Setembro 5, 2019 12:52
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*