O día 30 acaba o prazo de presentación aos Premios á Cooperación e ao Cooperativismo no Ensino

Agaca
Por Agaca Abril 24, 2017 14:35

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A presentación de solicitudes farase exclusivamente por vía telemática. O prazo de presentación remata o 30 de abril de 2017. Posto que cae a domingo, tamén o luns se recollerán solicitudes.
  • Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principio e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Premios á Cooperación 2017A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocará este ano unha nova edición dos Premios á Cooperación e do Certame Cooperativismo no Ensino co obxecto de fomentar e difundir os valores e principios cooperativos, así como o labor que realizan as entidades galegas pertencentes a este sector. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as bases das dúas iniciativas, cuxos prazos de presentación de solicitudes rematan o 30 de abril.

Os Premios á Cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recoñecer publicamente o labor que as cooperativas galegas realizan a favor do desenvolvemento deste sector.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria outorgará tres premios: aos valores cooperativos; ao mellor proxecto cooperativo novo; e á traxectoria cooperativa. Cada unha das categorías será galardoada con 5.000 euros.

O premio aos valores cooperativos outorgarase á empresa que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos. Os principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional son a adhesión voluntaria e aberta; a xestión democrática por parte dos socios; a participación económica dos socios; a autonomía e independencia; a educación, formación e información; a cooperación entre as cooperativas; e o interese pola comunidade. Pola súa banda, os valores cooperativos son a axuda mutua; responsabilidade; democracia; igualdade; equidade; solidariedade; e transparencia.

O premio ao mellor proxecto novo será para a cooperativa que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a 42 meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.

Por último, o premio á mellor traxectoria concederase á compañía que na data de publicación teña unha antigüidade maior de 42 meses e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

24/04/2017

Agaca
Por Agaca Abril 24, 2017 14:35
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*