O CFEA Pedro Muras e CLUN organizan as súas 1º Xornadas de Maquinaria Agrícola, en Ribadeo

Agaca
Por Agaca Novembro 8, 2017 10:36

ACTIVIDADES

Novembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Organizadas polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias da Xunta de Galicia, en colaboración con Cooperativas Lácteas Unidas S.C.G. (CLUN) e nas que participarán destacados profesionais do sector e especialistas das casas comerciais como John Deere, Deutz-Fahr, New Holland e Fendt, así como representantes das Inspección Técnica de Vehículos (ITV), e expertos en tráfico e no rexistro de maquinaria.

Xornadas de Maquinaria Agícola, novembro 2017As xornadas inclúense no PLAN DE TRANSFERENCIA PARA Ou APOIO ÁS ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2017 organizadas pola Xunta DE GALICIA, e estrutúranse en catro bloques:

1ª XORNADA,14 de novembro de 2017 – O TRACTOR INTELIXENTE

Nesta xornada falarase da incorporación das novas tecnoloxías como por exemplo os sistemas de guiado agrícola con GPS (Auto-Track) aos tractores e equipos agroforestais de última xeración.

2ª XORNADA, 15 de novembro de 2017 – MAQUINARIA AGRÍCOLA SUSTENTABLE: DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Na segunda xornada abordaranse temas relacionados coa Agricultura sustentable, normativa de redución de emisións contaminantes (EURO VI, TIER 4) ou as máis novas tecnoloxías que facilitan o seu cumprimento (EGR, SCR, DPF).

3ª XORNADA, 21 de novembro de 2017 – MAQUINARIA EN CIRCULACIÓN: REQUISITOS ADMINISTRATIVOS E HOMOLOGACIÓN

Neste caso trataranse todos os aspectos relacionados coa aplicación das distintas normas obrigatorias que establecen os requisitos administrativos, técnicos e os trámites que teñen que cumprir os tractores, remolques ou equipos intercambiables remolcados xa sexa no momento da compra no rexistro ou cando circulan por vías públicas.

4ª XORNADA, 22 de novembro de 2017 – TRACTOR SEGURO OBXECTIVO: ACCIDENTES CERO

A xornada pretende contribuír á redución do número de accidentes mortais e graves que se producen durante a realización das tarefas agrícolas. Para iso trataranse cuestións de Prevención de Riscos relacionadas co uso da maquinaria agroforestal incidindo especialmente na parte práctica e de manexo.

INSCRICIÓN

As solicitudes de asistencia para estas xornadas poderanse realizar de forma presencial, a través do correo electrónico ou chamando ao teléfono do centro, ata o día anterior á data de inicio.

CFEA PEDRO MURIAS
El Pinar s/n (Vilaframil) – RIBADEO
Teléfono: 982 82 85 52
email: cfearibadeo@xunta.gal

08/11/2017

Agaca
Por Agaca Novembro 8, 2017 10:36
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*