O alumnado do Quiroga Palacios aprende a comer e cooperar

Agaca
Por Agaca Marzo 4, 2020 13:39

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Estudantes do CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela) participaron en “Almorzos Cooperativos”, un obradoiro sobre alimentación e cooperativismo organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) no marco da Rede Eusumo.
  • Alba Paz Boubeta, subdirectora xeral de Economía Social, visitou a actividade.

20200304_Eusumo-Almorzo_Quiroga-Palacios-Eusumo-wb

Os 50 estudantes de cuarto de primaria do colexio compostelán Cardeal Quiroga Palacios participaron esta mañá nunha edición de “Almorzos Cooperativos”, un ciclo de obradoiros que promoven a alimentación sa para manter a boa saúde e dan énfase ao rol das cooperativas na produción alimentaria.

A nutricionista María Fernández recalcou a importancia dun almorzo nutritivo. Recomendou reducir os alimentos procesados, incluír froitas de tempada, produtos lácteos e diferentes combinacións equilibradas e sas, dende torradas de salmón afumado con queixo ata de aguacate con ovo. Como exemplo realizouse unha degustación de leite, mandarinas e pan con aceite.

O concepto de coperativismo explicouse mediante xogos deseñados para promover a colaboración entre participantes. Para reforzar o aprendido repartiuse material didáctico sobre produción alimentaria e nutrición.

AGACA organiza a actividade no marco da Rede Eusumo da Xunta de Galicia. Alba Paz Boubeta, subdirectora xeral de Economía Social, participou na xornada, xunto con José Montes, presidente de AGACA, para explicar o funcionamento dunha cooperativa agraria.

Microrrelatos

Por outra parte, AGACA e Rede Eusumo promoven concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria. O seu obxectivo é fomentar a escritura e o interese polo cooperativismo e pola produción de alimentos, a agricultura e o medio rural. Os centros educativos públicos de Galicia interesados en participar poden consultar as bases aquí  ou chamando ao 981 584 783.

Rede Eusumo

Esta actividade se enmárcase  no programa de actuación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

LOGOS-EUSUMO-2020

04/03/2020

 

Agaca
Por Agaca Marzo 4, 2020 13:39
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*