Nós, as Mulleres e Rede Eusumo impulsan un obradoiro de apoderamento feminino en xullo

Agaca
Por Agaca Xuño 27, 2019 11:00

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Os días, 4, 11 e 18 de xullo celébrase en Compostela o obradoiro “Apoderamento de Mulleres Socias de Cooperativas”.
  • O 4 de xullo terá lugar a sesión de constitución de Nós, As Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.
  • Inscrición gratuíta chamando ao 981 58 47 83 ou neste formulario.

NOS-AS-MULLERES-LOGO-RGB-transparencia

O obradoiro gratuíto “Apoderamento de mulleres socias de cooperativas”, que comeza o 4 de xullo en Santiago de Compostela, ten por obxectivos impulsar a autoestima e o apoderamento das mulleres socias de cooperativas e a súa presenza en órganos directivos de cooperativas, así como impulsar proxectos empresariais, profesionais ou agroalimentarios nos ámbitos social e asistencial.

O 4 de xullo terá lugar a sesión de constitución de Nós, as Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que agrupará a mulleres vinculadas ás cooperativas socias de AGACA. A entidade busca ser a punta de lanza para o desenvolvemento efectivo e integral da muller e das súas capacidades de participación así como dar visibilidade á muller profesional en todos os ámbitos.

Posto que o obradoiro busca promover a fórmula cooperativa como base da mellora e formar a mulleres cooperativistas en actividades produtivas mediante exemplos de éxito, o 11 de xullo visitaranse dúas entidades: Lutega, cooperativa produtora de lúpulo, e Orballo, que produce té.

Remata o 18 de xullo en Compostela, con relatorios sobre emprendemento, igualdade e asociacionismo, e contará con intervencións de representantes da Xunta de Galicia, de Cooperativas Agro-alimentarias de España e de Agaca.

Consultar programa completo

20190618_logos-REDE-EUSUMO

Esta actividade enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

 

27/06/2019

Agaca
Por Agaca Xuño 27, 2019 11:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*