“Nós, As Mulleres” Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia protagoniza unha reportaxe de Labranza

Agaca
Por Agaca Maio 21, 2019 10:22

Labranza, o programa da Televisión de Galicia, interesouse pola presentación da Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia “Nós, As Mulleres”. A reportaxe foi emitida o 12 de maio:

O obxectivo da Asociación é o desenvolvemento efectivo e integral da muller, das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade no seo do movemento das cooperativas e SAT socias de AGACA. Busca dar visibilidade á muller empresaria, directiva, profesional e traballadora en todos os ámbitos económicos e sociais do movemento asociativo agrario e do mundo rural no seu conxunto.

Nace nun contexto social no que, se ben o 45% de persoas socias de cooperativas agroalimentarias en Galicia son mulleres (sobre un total de arredor de 27.800 persoas socias), os órganos de administración destas entidades contan só cun 22% de participación feminina, segundo datos do ano 2017 do Observatorio Socioeconómico do Cooperativismo Agroalimentario Español, que contabiliza os datos de entidades asociadas a AGACA..

Poden asociarse “mulleres que formen parte dos Órganos de Administración ou do cadro de persoal de entidades socias de AGACA, socias designadas de entre o colectivo de mulleres que formen parte das entidades e, en calidade de ‘colaboradores’, persoas xurídicas socias de AGACA e organismos públicos e privados”.

Poden ver o programa Labranza, emitido o 12/05/2019, completo en: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-1516

 

21/05/2019

Agaca
Por Agaca Maio 21, 2019 10:22
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*