Nace “NÓS, AS MULLERES” a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia

Agaca
Por Agaca Abril 30, 2019 16:26

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá celebrouse a presentación de NÓS, AS MULLERES, Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia.
  • A entidade busca dar visibilidade á muller en todos os ámbitos profesionais ligados ao sector agrogandeiro no eido cooperativista.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019.-Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de presentación de “NÓS, AS MULLERES”, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que congregou a decenas de cooperativistas entre socias e membros de consellos reitores ou xerentes.

Foto de grupo da presentación

Foto de grupo da presentación

A Asociación nace nun contexto social no que, se ben o 45% de persoas socias de cooperativas agroalimentarias en Galicia son mulleres (sobre un total de arredor de 27.800 persoas socias), os órganos de administración destas entidades contan só cun 22% de participación feminina, segundo datos do ano 2017 do Observatorio Socioeconómico do Cooperativismo Agroalimentario Español, que contabiliza os datos de entidades asociadas a AGACA.

Así pois, o obxectivo da Asociación é o desenvolvemento efectivo e integral da muller, das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade no seo do movemento das cooperativas e SAT socias de AGACA. Busca dar visibilidade á muller empresaria, directiva, profesional e traballadora en todos os ámbitos económicos e sociais do movemento asociativo agrario e do mundo rural no seu conxunto.

Ruth Rodríguez, axente de Igualdade de Xénero en AGACA, explicou que poden asociarse “mulleres que formen parte dos Órganos de Administración ou do cadro de persoal de entidades socias de AGACA, socias designadas de entre o colectivo de mulleres que formen parte das entidades e, en calidade de ‘colaboradores’, persoas xurídicas socias de AGACA e organismos públicos e privados”, e reafirmou a importancia de “romper o teito de cristal e fomentar o emprendedorismo”

José Montes, presidente de AGACA, destacou a importancia de traballar para que as “xeracións que veñen non teñan que reivindicar a igualdade de xénero que aquí hoxe estamos reivindicando“.

Dolores Calvo, vogal de AGACA e vicepresidenta de AMCAE convidou ás mulleres a “perder o medo a participar, a decidir, a ser parte da empresa e entrar nos órganos de decisión, neste caso das cooperativas“.

Susana López indicou: “Como secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, parécenos que a visibilidade da muller rural é importantísima. Ë fundamental conciliar vida familiar, laboral e tempo de ocio ao que temos dereito, sen sentirse culpable“.

Durante a clausura do acto, Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, destacou a relevancia do peso económico da muller no rural e que “ninguén pode cuestionar a capacidade das mulleres que xa está máis que demostrada. O emprego ten, no século XXI, carácter feminino”

José Manuel Tellado, vicepresidente de AGACA afirmou: “Cómpre normalizar a presenza das mulleres nos Consellos Reitores”.

Entre as accións xa programadas pola Asociación atópanse un obradoiro de “Apoderamento de mulleres socias de cooperativas” con sesións formativas e visitas a cooperativas.

 

Agaca
Por Agaca Abril 30, 2019 16:26
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*