Multitudinario almorzo educativo para escolares betanceiros

Agaca
Por Agaca Marzo 6, 2018 12:52

ACTIVIDADES

Setembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Máis de cen estudantes do colexio Francisco Vales Villamarín participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables e mostra o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.

 
20180306_Bei_pos_BetanzosCento quince estudantes de terceiro de primaria colexio betanceiro Francisco Vales Villamarín recibiron esta maña unha charla sobre diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética. A nutricionista María Fernández recomendou almorzar diariamente e incluír alimentos de varios grupos como lácteos e derivados, pezas de froita fresca e, como complemento delas, zumes naturais, e tamén evitar produtos industriais que conteñan exceso de graxas e azucres prexudiciais.

A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, froita e pan con aceite.

Ademais,mediante un xogo en grupo aprenderon proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, e a importancia do sector no medio rural galego. Os escolares recibiron material didáctico para inculcar, tamén no fogar, hábitos sans no almorzo.

Compromiso social
Durante este curso académico (2017/2018) celebráronse xa 17 xornadas e repartíronse 800 almorzos no marco de “Almorz@ con Beizos Brancos”.
AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.

Agaca
Por Agaca Marzo 6, 2018 12:52
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*