Mozos e mozas agrogandeiros de Irlanda, Letonia e Francia visitarán esta semana cooperativas galegas con LeadFarm

Agaca
Por Agaca Xuño 17, 2019 14:27

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A actividade enmárcase no proxecto “LeadFarm: Improving co-operatives  trough a  new  and  innovative  young  farmer  leadership” , do programa da Unión Europea, ERASMUS+, de apoio á educación, formación, mocidade e deporte.
  • Vénse desenvolvendo dende outubro de 2017 e rematará en setembro de 2019.

leadfarm_estamos_enDoce profesionais da agricultura e da gandería, de entre 18 e 25 anos, procedentes de Irlanda, Letonia e Francia inician hoxe o programa de actividades e visitas previstas para toda a semana, como unha das experiencias formativas incluidas na iniciativa LeadFarm, que busca lograr un equilibrio xeracional e de xénero nas cooperativas agroalimentarias, fortalecendo as habilidades da nova xeración de agricultores (homes e mulleres) para garantir o cambio xeracional nas explotacións familiares e nas cooperativas.

As cooperativas agroalimentarias supoñen un apoio fundamental para as explotacións familiares e contribúen ao seu desenvolvemento futuro. Non obstante, percíbese unha falta de participación e compromiso entre a mocidade tanto na xestión das propias explotacións familiares como nas actividades diarias da cooperativa á que pertencen, unha falta conciencia da importancia da estrutura cooperativa para a sustentabilidade das súas granxas. O cambio xeracional non está garantido. Hai unha falta tanto de xente nova como de mulleres na composición dos consellos reitores; por esta razón, a participación activa deses dous colectivos valórase moi positivamente como vía para garantir a continuidade das cooperativas.

Esta é a segunda acción incluida dentro das “mobilidades transnacionais”, a primeira tivo lugar do 18 ao 22 de febreiro cando os mozos e mozas galegos, irlandeses e letóns, xunto cos franceses, percorreron diversas granxas cooperativas do contorno de París co fin de coñecer formas diferentes de xestión, onde a participación tanto de mulleres como de xente nova proporciona un importante valor engadido á xestión da cooperativa. Unha maneira de abrir a mente a outras realidades e formas de traballar, así como unha oportunidade para promover a aprendizaxe de idiomas.

Programa previsto

Luns 17.Recepción dos participacións e presentacións. Santiago de Compostela

Presentación sobre sobre Economía Social e o movemento cooperativo en Galicia/España, a cargo de Alba Paz, Subdirectora de Economía Social da Xunta de Galicia.

Presentación sobre as cooperativas agroalimentarias en Galicia/España, a cargo de Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

Martes, 18.Cambados

COOPERATIVA HORSAL: dedicada ao cultivo e comercialización de hortalizas e froitas. Unha das maiores empresas produtoras de hortalizas de Galicia, une a 90 familias de toda Galicia, sobre todo, da comarca costeira do Salnés.

ADEGA PAZO BAIÓN: da cooperativa Condes de Albarei. Pazo  Baión, exemplo de boas prácticas de responsabilidade social. A presidencia de Condes de  Albarei está ocupada por Dolores Calvo, unha muller que contará a súa experiencia como viticultura e integrante do consello de dirección da cooperativa.

Mércores, 19.- Rodeiro

COOPERATIVA O RODO: cooperativa agrícola multisectorial, que proporciona varios servizos aos seus membros, como servizos de maquinaria en común entre outros.

CASA DO REI, SC: granxa leiteira e avícola dirixida por Jesús Montes, un agricultor mozo, que tamén é membro da cooperativa O  Rodo.

Xoves, 20 .- Silleda

SAT O CHOPE: unha granxa leiteira e porcina xurdida da unión de dúas explotacións familiares. Manuel Iglesias, agricultor mozo, falará sobre o relevo xeracional e tamén sobre o seu plan para mellorar a eficiencia da granxa respectando o medio ambiente e utilizando novas tecnoloxías.

Venres, 21.-Final en Santiago

Exposición sobre a Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega, a cargo de José Gómez, Secretario Executivo do Consello Regulador da IXP.

17/06/2019

Agaca
Por Agaca Xuño 17, 2019 14:27
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*