Mónica Landeira, gandeira de CLUN, exporá o papel das cooperativas en valorizar a produción e loitar contra o cambio climático

Agaca
Por Agaca Decembro 5, 2018 11:58

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Na Conferencia da Comisión Europea “ Outlook” os días 6 e 7 de decembro en Bruxelas

 

20181205_Clun_Monica-Landeira-EstabloA Comisión Europea organiza os días 6 e 7 de decembro a súa Conferencia anual sobre Perspectivas da Agricultura da UE, nesta ocasión baixo o titulo “O futuro da alimentación e a agricultura: alimento para a reflexión”, no que se debaten os retos do sector agrario. Cooperativas Agro-alimentarias de España adoita ser unha das organizacións convidadas a participar neste foro para dar o seu punto de vista sobre os mercados e as perspectivas dos distintos sectores. Nesta ocasión participará Monica Landeira, unha gandeira galega da cooperativa CLUN.

Mónica é propietaria dunha explotación de 100 vacas, cunha produción anual de 600.000 litros. É socia da cooperativa CLUN que ten 470 produtores, procesa 165 millóns de litros ao ano e factura 230 millóns de euros, o que a converte en motor económico e social de Galicia. Mónica produce un leite diferenciado dende a orixe, ÚNICLA, modificando a composición de ácidos graxos a través da alimentación natural dos animais, que dá como resultado un leite de altísima calidade con menos graxas saturadas e que, á súa vez, achega a presenza de Omega 3, CLA e antioxidantes. Esta diferenciación do produto fai que os socios produtores deste leite, coma Mónica, reciban de media 4 céntimos máis polo seu leite, achegando desta forma maior valor engadido ás granxas.

A cooperativa CLUN está moi concienciada co medio ambiente e o cambio climático. De feito, as granxas asociadas á cooperativa lograron reducir un 20% de emisións de CO2 das explotacións gandeiras, sendo CLUN a primeira empresa produtora de leite en España en conseguir a certificación de AENOR da Pegada de Carbono de Produto. Ao mesmo tempo, os produtores do leite ÚNICLA están certificados dnde 2016 co selo Welfare Quality de Benestar Animal. Cabe mencionar que dito leite obtivo diversos premios, coma o Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa en 2009 do COPA- COGECA ou Premio á ‘Excelencia’ do International Taste Award en 2016.

O exemplo de Mónica demostra o gran papel que desenvolven as cooperativas ao implantar medidas colectivas a favor do medioambiente e o beneficio que achegan aos gandeiros, principalmente de pequena dimensión, para que avancen na cadea alimentaria, o cal repercute positivamente na xeración de emprego e fixación de poboación nas zonas rurais.

A Conferencia “ Outlook” da Comisión Europea organízase unha vez ao ano e é a Conferencia máis importante en materia de agricultura na UE. Nesta sesión de 2018 participarán o Comisario de Agricultura, Phil Hogan, e representantes de organizacións e empresas agroalimentarias da UE.
Os temas que se abordarán serán a dixitalización na agricultura e as zonas rurais, as oportunidades no comercio e o reto ambiental da agricultura analizando tamén as perspectivas dos mercados agrarios a medio e longo prazo.

Más información sobre la conferencia Outlook: https://ec.europa.eu/info/events/2018-eu-agricultural-outlook-conference-2018-dec-06_en

05/12/2018

 

Agaca
Por Agaca Decembro 5, 2018 11:58
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*