Monforte acolle unha xornada de Creación de riqueza e emprego no monte veciñal o 23 de setembro

Agaca
Por Agaca Setembro 8, 2017 14:46

ACTIVIDADES

Novembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O 23 de setembro terá lugar a Xornada “Creación de Emprego e Riqueza mediante el Uso Cooperativo del Monte Comunal”, centrada na identificación e potenciamento dos recursos dos montes comunais para os veciños, mediante a xestión cooperativa.
  • A cita será na Cooperativa de Lemos (As Gándaras). Calquera persoa interesada en inscribirse pode facelo, de forma gratuíta, chamando ao 981 58 47 83 antes do 21 de setembro.
  • AGACA organiza as xornadas co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Rede.

En Galicia existen 650.000 hectáreas forestais baixo control das comunidades de montes veciñais e en man común (CMVMC). Tradicionalmente, a produción madeireira e a instalación de parques eólicos son as principais actividades xestionadas polas CMVMC nos seus montes.

A Xornada, orientada a persoal especializado en xestionar estes terreos, pretende dar visibilidade a outro tipo de explotación de recursos, xeralmente desaproveitado por requirir investimentos, man de obra, organización e planificación ou outros condicionantes de difícil solución para as CMVMC.

O seminario mostrará como una xestión cooperativa destes recursos ociosos pode xerar emprego e riqueza para os veciños. Tratará aspectos económicos e lexislativos marcados pola nova Lei de Montes, para aclarar as diferentes posibilidades de investimento das CMVMC, así como modos de innovar a través da eficiencia enerxética.

Casos de éxito

Ademais, na Xornada mostraranse iniciativas que funcionan con éxito na explotación dos MVMC, entre elas cultivo da castaña e oliva e un novo proxecto  para mellorar o método de resinar o piñeiro.

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.

Lugar: Cooperativa Lemos, As Gándaras s/n, Monforte de Lemos (LUGO)

Data e hora: sábado, 23 de setembro. De 09:30 a 14:45 h.

Inscripción gratuita: 981 58 47 83.

Programa completo en PDF

 

08/09/2017

wb_logo_rede_eusumo

Agaca
Por Agaca Setembro 8, 2017 14:46
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*