Milhulloa e Rede Eusumo presentan vantaxes do cooperativismo a estudantes

Agaca
Por Agaca Abril 10, 2019 15:01

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A cooperativa Milhulloa (Palas de Rei) recibiu hoxe ao alumnado do CFEA de Sergude (Boqueixón) e o luns ao do IES Félix Muriel (Rianxo) en senllos obradoiros sobre economía social.
  • As actividades, organizadas pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), enmárcanse na Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Un grupo de estudantes do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), esta mañá, e 40 estudantes do IES Félix Muriel (Rianxo), o luns, aprenderon en Milhulloa cualidades que fan das cooperativas un modelo de negocio sustentable e estable no medio rural, nos obradoiros “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”.

AGACA organiza as actividades, promovida por Rede Eusumo, para dar visibilidade á economía social como opción para forxar unha carreira profesional ao rematar os estudos.

Milhulloa é unha cooperativa dedicada á produción de especias, herbas medicinais, cosméticos e outros produtos derivados do campo, algún de forma ecolóxica. Persoal da entidade explicou ao alumnado o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado dos seus produtos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Estudantes do IES Félix Muriel (Rianxo) visitaron Milhulloa o 8 de abril.

Estudantes do IES Félix Muriel (Rianxo) visitaron Milhulloa o 8 de abril.

Alumnado do CFEA de Sergude en Milhulloa, o 10 de abril.

Alumnado do CFEA de Sergude en Milhulloa, o 10 de abril.

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

10/04/2019

Agaca
Por Agaca Abril 10, 2019 15:01
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*