Milhulloa divulga o cooperativismo entre estudantes

Agaca
Por Agaca Abril 30, 2019 14:13

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá estudantes do colexio Manuel Mato Vizoso (Vilalba) asistiron a unha xornada didáctica sobre cooperativismo na cooperativa Milhulloa (Palas de Reis).
  • A actividade, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), forma parte da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.

Esta mañá, de estudantes do último ciclo de primaria do colexio Manuel Mato Vizoso (Vilalba) coñeceu de primeira man Milhulloa, unha cooperativa cunha traxectoria de 18 anos, dedicada á produción de especias, herbas medicinais, cosméticos e outros produtos derivados do campo, algún de forma ecolóxica.

Durante o percorrido polas instalacións, persoal da entidade explicoulles o día a día da súa actividade e o seu funcionamento como cooperativa.

AGACA organiza a iniciativa no marco do ciclo “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” co obxectivo de dar a coñecer este modelo de negocio entre o estudantado, para que o teñan en consideración ao finalizar su formación académica.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Alumnado do CEIP Manuel Mato Vizoso visitaron Milhulloa con AGACA e Rede Eusumo

Alumnado do CEIP Manuel Mato Vizoso visitaron Milhulloa con AGACA e Rede Eusumo

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

30/04/2019

Agaca
Por Agaca Abril 30, 2019 14:13
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*