Martín Códax, Condes de Albarei e Viña Costeira, galardonadas nos Bacchus 2017

Agaca
Por Agaca Marzo 17, 2017 11:56

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Tres socias de AGACA recibiron premios cos seus viños. O Albariño Condes de Albarei 2016, o Martín Códax 2016 (ambos da DO Rías Baixas) e o Viña Costeira Mencía 2015 (DO Valdeorras) obtiveron Medallas de Plata nos premios Bacchus 2017, un premio recoñecido pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV).
  • En esta convocatoria concorrían 1700 viños nacionais e internacionais, valorados por 85 expertos.

bacchus_etiquetas

Tres adegas asociadas a AGACA recibiron galardóns na edición 2017 dos premios Bacchus. Trátase de dous dous viños brancos da DO Rías Baixas, o Albariño Condes de Albarei 2016 e o Martín Códax 2016.

En canto a tinto, o premiado foi o Viña Costeira Mencía do 2015, que procede dos primeiros viñedos da DO Valdeorras, da adega Viña Costeira que sempre se enmarcoiu na DO Ribeiro.

O xurado dos premios Bacchus, formado por 85 persoas expertas en cata (entre elas xornalistas especializados, sumilleres, enólogos, Masters of Wine e Masters of Sommelier) procedentes de varios países valou as 1700 referencias que este ano entraron a concurso. A Unión Española de Catadores é a entidade que promove os Bacchus, que ademais de estar auspiciados pola OIV contan co aval da Unión Internacional de Enólogos, da Federación Mundial de Grandes Concursos de Viños e Espirituosos e co recoñecemento oficial do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Entre o 9 e o 13 de marzo catáronse viños de 21 países: Alemania, Argentina, Australia, Brasil, Chile, Eslovaquia, España, Estados Unidos, Francia, Georgia, Hungría, Italia, México, Perú, Portugal, Principado de Andorra, República Checa, Rumanía, Túnez, Turquía e Uruguay.

17/03/2017

 

Agaca
Por Agaca Marzo 17, 2017 11:56
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*