Mañá comenza un obradoiro sobre apoderamento de mulleres cooperativistas en Cambados

Agaca
Por Agaca Outubro 23, 2019 13:41

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Mulleres socias da cooperativa Condes de Albarei comezarán mañá un obradoiro de tres días sobre apodereamento.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolve a actividade no marco de Rede Eusumo.

Mañá pola tarde comeza o  obradoiro “Apoderamento das mulleres socias de cooperativas” nas instalacións da adega cooperativa Condes de Albarei en Castrelo (Cambados).

O Obradoiro arrinca con charlas acerca de oportunidades e iniciativas no ámbito social do medio rural para o apoderamento de mulleres socias de cooperativas do sector primario, incluíndo como exemplos o centro de día da Cooperativa Agraria Cocope e as actividades para socios que ofrece a cooperativa O Val. Ademais presentaranse AMCAE (Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España) e “NÓS, AS MULLERES”, Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias.

Intervirán na xornada Dolores Calvo — presidenta de Condes de Albarei e de Nós, As Mulleres e vicepresidenta de AMCAE— e Loli Couso, técnica de AGACA.

O día 31 de outubro continúa o Obradoiro cunha viaxe para coñecer tres explotacións de éxito: unha é Hifas da Terra, que produce e transforma cogumelos, outra, de Javier Araújo, produce arandos, e outra é a Microsidrería de Víctor Peroja.

O Obradoiro finaliza o día 5 de novembro, cunha exposición de casos prácticos de novos cultivos e producións agrogandeiras: resina de piñeiro, Galiña de Mos e Porco Celta.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

 

20190618_logos-REDE-EUSUMO

23/10/2019

Agaca
Por Agaca Outubro 23, 2019 13:41
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*