Lugo acolle unha xornada sobre innovación da man de iCoopera

Agaca
Por Agaca Abril 1, 2015 13:50

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Claves

  • O programa iCoopera é gratuíto.
  • O programa iCoopera finaliza en febreiro de 2016.

Artigos relacionados

fotoicope

O “Programa iCOOPERA: asesoramento gratuíto a pequenas e medianas cooperativas en proxectos de I+D+i y TICs” preséntase en Lugo o 17 de abril

O vernes, 17 de abril, as pequeñas e medianas cooperativas e profesionais vinculados con interese en recibir asesoramento, acompañamento e orientación de balde en materia de innovación (I+D+i) e Tecnoloxías de Información e da Comunicación (TICs), teñen unha cita indispensable en Lugo.

A iniciativa parte da Consellería de Traballo e Benestar, que presentará ese día en Lugo o Programa iCoopera de apoio para aquelas entidades cooperativas que desexen elaborar propuestas e proxectos de I+D+i para concursar a axudas públicas, desenvolver melloras nas páxinas web, venda por Internet, xestión conxunta, etc. 

O programa iCOOPERA, que é gratuíto, resulta especialmente atractivo para entidades que necesiten recibir asesoramento para iniciar ou optimizar a súa presenza en Internet con fin de gañar en visibilidade e competitividade. Ofrece, ademais, cursos de teleformación para aprender o manexo das ferramentas TICs e estratexias de I+D+i. 

Este servizo (presentado por primeira vez en Santiago, o 18 de marzo) está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo FSE Galicia que de potenciación da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o uso de tecnoloxías da información e as comunicacións en cooperativas. 

  • 🌎 Lugar: Fundación Cela
  • 📅 Data e hora: 17 de abril de 2015, de 10:00 a 13:00 h
  • 📞 Teléfono: 981 584 783
  • Mail: agaca@agaca.coop
  • Web: www.agaca.coop
Agaca
Por Agaca Abril 1, 2015 13:50
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*