Lemos acolle a xornada “Coidar, coidarte” para o envellecemento activo

Agaca
Por Agaca Marzo 28, 2018 15:30

ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Lemos acolle a xornada “Coidar, coidarte” para o envellecemento activo

  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” desenvolveron esta mañá na cooperativa Lemos a iniciativa “Coidar, coidarte” para contribuír ao envellecemento activo.
  • O 25 de abril está prevista unha nova edición do programa nas dependências da cooperativa Aira, en Sarria.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2018.- Socios e socias da cooperativa Lemos participaron esta mañá en Lemos (Lugo) na iniciativa “Coidar, coidarte”. A primeira parte da mañá constou dunha charla sobre a situación das persoas maiores no medio rural e o papel das cooperativas na mellora da súa calidade de vida así como a das persoas encargadas da súa atención, a cargo da técnica de AGACA Ruth Rodríguez.

A continuación, Marisol Suárez e Silvia Fondo, profesionais en atención a persoas maiores e con dependencia explicaron diferentes modos de mitigar o deterioro asociado ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no día a día.

Ademais, con axuda do público instruiron sobre técnicas para a correcta mobilización e coidado no fogar de persoas maiores ou dependentes.

Compromiso social

“Coidar, coidarte” organizouse para atender ás demandas directas de formación sobre atención a maiores recibidas durante o programa de empoderamento para mulleres socias de cooperativas “Atrévete Contigo Mesma” tamén desenvolvido por AGACA e Obra Social “la Caixa”.

Agaca
Por Agaca Marzo 28, 2018 15:30
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*