Leite, froita e pan forman un almorzo educativo para cincuenta estudantes de Lugo

Agaca
Por Agaca Xaneiro 15, 2016 15:18

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Leite, froita e pan forman un almorzo educativo para cincuenta estudantes de Lugo

Leite, froita e pan forman un almorzo educativo para cincuenta estudantes de Lugo

  • Cincuenta estudantes do CEIP Rosalía de Castro (Lugo) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables con produtos galegos e mostra o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa, que comezou en 2015 e continuará en 2016, en centros educativos de toda Galicia.

Nenos e nenas do segundo ciclo de primaria do CEIP Rosalía de Castro (Lugo) aprenderon esta mañá diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables, naturais e procedentes maioritariamente do mercado nacional, fronte aos almorzos pouco variados ou baseados en produtos procesados industrialmente.

Durante a actividade, de formato lúdico e didáctico, o alumnado propuxo varios menús que foron valorados pola nutricionista María Fernández, que impartiu a charla formativa. Os produtos lácteos, o consumo de zumes naturais como complemento pero non como substitutivo das froitas de tempada (pois a froita enteira achega máis enerxía e nutrientes que a espremida), e mesmo o aguacate no canto de manteiga para as torradas foron algunhas das suxestións.

A modo de exemplo, degustaron un almorzo san e completo, formado por leite enteiro con cacao puro e mel, torradas de pan galego con aceite e froita.

Ademais, un xogo en grupo amosou aos estudantes todos os pasos do proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, para dar visibilidade e pór en valor os empregos e a riqueza produtiva vencellados ao sector agroalimentario galego.

Compromiso social
AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 15, 2016 15:18
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*