Xornada sobre Vacún de Carne

Agaca
Por Agaca Xuño 1, 2015 19:07

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Xornada sobre Vacún de Carne

Xornada de Vacún de Carne

Xornada Vacún de Carne: Pegada de Carbono, evolución do mercado e motivación

  • O 5 de xuño terá lugar no Hotel Torre Núñez de Lugo (Estrada N-VI, km. 497) un encontro especializado para entidades socias de AGACA con actividade no sector do vacún de carne.
  • O obxectivo da Xornada é ofrecer información e abrir un debate sobre a evolución dos mercados, as organizacións de productores (OPs) e a extensión de norma deste sector, posto que o Ministerio de Agricultura y Medio Ambiente estuda a posibilidade de organizar as OPs no vacún de carne.

Presentaranse ademais os resultados do proxecto de I+D+i de Ecomeat sobre a pegada de carbono no sector, baixo dirección técnica do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) no que participaron varias cooperativas socias e a propia AGACA. É de especial relevancia dada a posibilidade de que o Goberno estableza unha obriga de coñecer a pegada de carbono en entidades con máis de 50 millóns de euros de facturación, que motivará que estas deban coñecer a pegada de carbono dos produtos agrogandeiros dos que se abastecen para a súa actividade.

Adicionalmente, mostrarase a necesidade de coñecer os programas sanitarios en pasteiros e outros temas novidosos, como son los plans de traballo de motivación nas explotacións.

  • 🌎 Lugar: Hotel Torre de Núñez, Estrada N-VI, km. 496
  • 📅 Data e hora: 05 de xuño de 2015, de 10:00 a 14:00 h
  • 📞 Teléfono: 981 584 783
  • Mail: agaca@agaca.coop
  • Web: www.agaca.coop
Agaca
Por Agaca Xuño 1, 2015 19:07
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*