Jerónima Bonafé : “SOMOS MULLERES DE COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS”

Agaca
Por Agaca Marzo 6, 2020 14:33

ACTIVIDADES

Maio 2020

REVISTA AGACA

  • 147 portada

    Cooperación Galega Nº 147 Marzo 2020

    Editorial: A Crise da Covid-19 Coronavirus
    A fondo: Medidas para combater o coronavirus
    Caderno Técnico: A renovación no rural europeo e galego

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

OPINIÓN: Jerónima Bonafé, Presidenta AMCAE e Consellera de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

CAE Logo

O día Internacional da Muller recórdanos a importancia e a necesidade de que todos os días do ano, homes e mulleres construamos un 8 de marzo. Ese é o motor que nos move a todo o equipo de profesionais que traballamos, dende o convencemento absoluto, por consolidar una igualdade efectiva e real entre mulleres e homes en el sector cooperativo agroalimentario.

A pesar do avance experimentado nos últimos anos, pasamos dun 3,5% a aproximadamente un 7% de mulleres nos consellos reitores de cooperativas, o sector segue caracterizándose por ser un mundo de homes que de maneira tímida empezan a dar visibilidade ás súas compañeiras.

Para Cooperativas Agro-alimentarias de España e para a súa Asociación de Mulleres, AMCAE, que teño a honra de presidir, falar da MULLER, dos seus logros e avances nunha contorna como é a rural, agrícola e gandeira, supón unha gran responsabilidade. Se queremos construír entre todos alicerces sólidos e sustentables no cooperativismo debemos dar maior visibilidade ao 25% de mulleres socias de cooperativas e por suposto, un maior empuxe á súa presenza nos órganos de decisión.

Como Organización representativa do sector cooperativo agroalimentario, estamos orgullosos de que pouco a pouco a muller cooperativista cobre un papel cada vez máis relevante e decisivo. Sen MULLERES, os nosos obxectivos e a nosa misión non serían posible, nin moito menos, real nin verdadeira. As mulleres somos necesarias para impulsar o modelo cooperativo empresarial, profesionalizado, con dimensión relevante, xerador de valor e competitivo. E ademais contribuímos de igual forma que os homes á sustentabilidade nas súas tres vertentes, económica, medioambiental e social.

Neste día especial, quero render tributo a todas as mulleres do mundo, sen excepción algunha, cunha consideración particular e un recoñecemento indiscutible, a todas aquelas mulleres referentes no sector cooperativo agroalimentario. Moitas delas non son conscientes, pero grazas ás súas experiencias e boas prácticas, que nos teñen acompañado neste camiño, transmitiron e impulsaron o apoderamento que todas nós levamos dentro dunha maneira ou outra.

Mulleres con diferentes perfiles, presidentas, reitoras, directivas, técnicas, traballadoras en distintas categorías, todas elas foron as inspiradoras, as que fomentaron, motivaron, deron e seguen a dar continuidade á sustentabilidade dos nosos territorios, as que fan posible que nas organizacións sexamos sensibles a propoñer novas cuestións e novos escenarios a prol do principio de equidade entre mulleres e homes.

Nestes tempos que corren nos que a sociedade demostra ser algo máis sensible, en materia de igualdade de xénero, as mulleres temos ido dando pasos decisivos e construtivos, xerando alianzas e redes, articulando estruturas sólidas e abrindo ocos e espazos para outras mulleres. A sororidade tense feito latente e comezou a formar parte do noso avance e do noso ADN, e é que tendo en conta que o camiño é longo, e que a meta non se divisa nin a curto, nin a medio prazo, o entendemento e la axuda entre mulleres debe formar parte da nosa mochila.

Non podería concluír este artigo sen deixar de por en valor o acompañamento de todos aqueles homes cooperativistas que nos apoian no camiño, e os que seguimos necesitando para a construción dunha sociedade o más igualitaria posible.

Benvido Día Internacional de la Muller.

As cifras de Galicia

AGROSMARTglobal-agaca-logo

Por outra parte, en 2019, no que se refire a Galicia, a cantidade de mulleres no sector agroalimentario cooperativo supera a media española. Datos de persoas asociadas a cooperativas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA –  amosan que un 45,11% delas son mulleres, mentres que a presenza feminina en consellos reitores chega al 16,8%.

Co obxectivo de promover e dar visibilidade ao papel da muller cooperativista naceu en 2019 NÓS, AS MULLERES, Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias que conta actualmente con 41 socias. Entre as actividades que vén desenvolvendo cóntanse talleres de apoderamento así como diferentes reunións e actividades de carácter formativo.

 

 

Agaca
Por Agaca Marzo 6, 2020 14:33
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*