INLAC presentará o 10 de outubro en Santiago a campaña “Generación Láctea” que percorrerá 15.000 km para promocionar os lácteos

Agaca
Por Agaca Outubro 8, 2019 14:00

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Un roadshow percorrerá 30 cidades españolas para acercar ao público os beneficios de tomar 3 Lácteos ao Día. O 10 e 11 de outubro, o bus lácteo para na capital galega, antes de continuar cara  A Coruña (12 e 13 de outubro) e Lugo (15 e 16 de outubro).
  • Generación Láctea conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros para potenciar en consumo nacional durante os dous próximos anos.

20191010_INLAC-bus-leiteA Organización Interprofesional Láctea (INLAC) presentará o próximo xoves 10 de outubro fronte a Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela a campaña “Generación Láctea”, que percorrerá 30 cidades repartidas por toda a xeografía española durante os dous próximos anos achegando ao público os beneficios dos produtos lácteos. Participará Rosaura Leis, coordinadora da Unidade de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago e membro do Comité Científico de INLAC, entre outros.

O espectacular autobús lácteo” da campaña ofrecerá atención nutricional personalizada, recomendacións de actividade física e realizará degustacións de produtos lácteos na zona de showcooking. Neste punto de información  animarase aos consumidores a descubrir a actividade e a consumir 3 lácteos ao día.

Despois das súa parada en Santiago (10 e 11 de outubro), o bus lácteo seguirá o seu percorrido galego cara A Coruña e Lugo, antes de continuar cara a outras cidades  do norte peninsular (Oviedo, Santander, Bilbao, Pamplona, Zaragoza ou Barcelona).

08/10/2019

Agaca
Por Agaca Outubro 8, 2019 14:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*