ACTIVIDADES

Maio 2017

REVISTA AGACA

  • 133 PORTADA

    Cooperación Galega Nº 133 Maio 2017

    Editorial. As cooperativas nos Consellos Reguladores
    A fondo. Entendemos a importancia das eleccións nas D.O. e I.X.P?
    Caderno Técnico. Concentrados de proteína láctea. Tecnoloxía e aplicacións

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

INICIATIVAS

AGACA permanece comprometida con diversas iniciativas de desenvolvemento continuo e a longo prazo. Dada a súa natureza multidisciplinar e transversal, atinxen a diversas áreas de especialización e competencia.


Todas estas iniciativas e proxectos emprendémolos coa vontade de que sirvan para o avanzamento e a mellora non só das entidades que se sirvan deles senón tamén do contorno rural en todas as súas facetas.

I+D+i   |   Prevención de riscos laborais   |   Igualdade

I+D+i

Para manter e aumentar a rendibilidade de calquera empresa é vital estar ao día no relativo á implantación de novos procedementos e normativas, así como na captación de oportunidades de investimento

En AGACA sinalamos estas oportunidades aos nosos asociados en diversas áreas.

 MEDIO AMBIENTE

     
  • Estudos e auditorías de impacto ambiental
  • Estudos de xestión de residuos e verteduras
  • Memoria de Pequeno Produtor de Residuos

AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

  • Diagnósticos e auditorías enerxéticas
  • Cálculo da pegada de carbono
  • Estudos de enerxías renovables: solar, térmica, biomasa etc.
  • Estudos de xestión enerxética

Contamos con profesionais especializados en enxeñería sostible, orientados a optimizar os obxectivos das cooperativas en custos, prazos de execución e calidade, atopando as fontes de financiamento e as solucións técnicas máis axeitadas para cada proxecto.

ENXEÑERÍA AGROPECUARIA E AGROINDUSTRIAL

Proxectos de obra civil e instalacións:

  • Estabulacións de gando vacún e porcino
  • Bodegas, fábricas de pensos, centrais hortícolas
  • Talleres mecánicos, instalacións de combustibles
  • Reformas, ampliacións, legalizacións

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS — PRL

Axudamos a atopar e combater os riscos para a seguridade dos traballadores agropecuarios

Xunto con diversos cursos levados a cabo, adaptados ás necesidades das cooperativas en materias específicas para a súa seguridade (por exemplo manexo de produtos fitosanitarios, manexo de tractor etc.), ACACA conta con persoal cualificado para realizar auditorías de seguridade laboral nas cooperativas.

Cursos vixentes

Calquera cooperativa interesada en organizar cursos de prevención de riscos laborais ou de adecuado uso de maquinarias e procesos de traballo pode contactar coa área de Formación para consultar próximos cursos xa vixentes ou solicitar a súa realización.

Revisión de maquinaria

En novembro de 2016 termina o prazo para pasar a ITEAF (Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios). Se algunha entidade está interesada en que se efectúen nas súas dependencias as inspeccións dos seus socios, pode contactar con AGACA para que enviemos notificación á Consellería.

Volver arriba

IGUALDADE

No contorno cooperativo, a igualdade entre mulleres e homes é especialmente importante polo seu papel socioeconómico. Non só as cooperativas funcionan en ámbitos onde outro tipo de empresa fracasaría; tamén son un modelo de negocio único, onde a toma democrática de decisións e a xestión en común permiten que cada persoa socia teña un peso no desenvolvemento da entidade.

Con todo, os datos estatísticos recollidos nos nosos estudos e enquisas reflicten a preocupante realidade de que aínda as mulleres están pouco representadas nos órganos de decisión das cooperativas mentres que a nivel societario, demográfico ou laboral, a súa presenza é semellante á masculina.

Dende AGACA levamos a cabo diversos programas para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas cooperativas, organizando talleres de sensibilización, motivación e capacitación, para contribuír a que a porcentaxe de mulleres reitoras e socias nas cooperativas sexa o adecuado para aproveitar empresarialmente o talento de case o 50% das persoas que compoñen as cooperativas.

En Publicacións pódense consultar máis iniciativas sobre igualdade de xénero.

En Prensa pode consultar as novidades en materia de Igualdade nas que se implica AGACA.

Participación das Mulleres nas Cooperativas Agrarias: Factores para a Conciliación

A muller nas cooperativas agrarias - Factores de Conciliación

Este documento, publicado en 2010, reflicte as conclusións dun estudo realizado a partir de enquisas a mulleres do medio rural galego. Amosa cuestións como a corresponsabilidade no fogar e a relación das mulleres co mundo laboral, a titularidade das explotacións, a participación da renda agraria na renda familiar ou a participación feminina nas cooperativas.

Ver documento (1,26 Mb)