Hoxe celébrase o evento final del EuroDairy, rede temática para aumentar a sustentabilidade do sector lácteo

Agaca
Por Agaca Xaneiro 23, 2019 13:45

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Hoxe, 23 xaneiro de xaneiro de 2019, celébrase na sede de Copa- Cogeca en Bruxelas o evento final de clausura do proxecto EuroDairy.

EuroDairy desenvolve unha sólida rede para aumentar a sustentabilidade económica, social e ambiental.da gandería leiteira en Europa, nun momento de desafío sen precedentes para o sector. Co fin de levalo a cabo, EuroDairy estivo sementando e recollendo interconexións frutíferas en toda Europa:

  • Acelerar: a aceptación das mellores prácticas mediante o intercambio de coñecementos sobre catro temas prioritarios (eficiencia de recursos, biodiversidade, coidado animal e resiliencia socioeconómica).
  • Capturar: estimular novas prácticas innovadoras para proporcionar solucións ou superar barreiras á implementación.
  • Sintetizar: o coñecemento científico e baseado na práctica, creando formatos e materiais de formación fáciles de usar. Difundir esta información amplamente aos produtores leiteiros europeos.
  • Compilar: ideas dos usuarios finais para futuras investigacións baseadas na innovación, e comunicalas de novo á rede EIP- AGRI.

Vinte socios en 14 países, desde Irlanda ata Eslovenia e desde Finlandia a Italia, dan vida a EuroDairy a través dun total de 120 agricultores innovadores, 40 grupos  opertios e 15 centros de formación en Europa que participan na rede.

Para coñecer en profundidade o proxecto, aquí van algunhas opcións:

– Durante tres anos, difundíronse as novidades desenvoltas ao amparo do proxecto. Desde a nosa web publicamos moitas destas actualizacións.

– Mapa de localización de puntos de desenvolvemento do proxecto: https://eurodairy.eu/locations/

– Páxina web: www.eurodairy.eu

-Vídeo:

O proxecto finaliza. Chegou o momento de espremer e celebrar a rede durante un Evento Final.

23/01/2019

Agaca
Por Agaca Xaneiro 23, 2019 13:45
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*