Galicia: Rexión Amiga da Economía Social 2019

O  5 de xuño de 2019 celebrouse en Compostela o nomeamento de Galicia como Rexión Amiga da Economía Social 2019, por parte da Comisión Europea no marco do programa ESER2019.

Durante a xornada, AGACA e as entidades que conforman o Foro pola Economía Social Galega celebraron as súas asambleas xerais e, posteriormente, formalizouse a firma da constitución do Foro pola Economía Social Galega.

O día anterior, 4 de xuño, celebráronse dúas visitas a entidades de economía social. A cooperativa CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) recibiu aos visitantes pola mañana; pola tarde puido coñecerse o modelo de negocio de Traveme, un Centro Especial de Emprego especializado en despezamento de vehículos.

 

 


Volver a la página

Galerías de fotos similares